Nota de prensa
ARRANCA O CURSO DE ADESTRADOR DE FÚTBOL SALA EN BURELA
O IES Monte Castelo de Burela acolleu onte pola tarde a presentación e primeira clase para o alumnado do Curso de Adestrador de Fútbol Sala (Nivel 1), que se desenvolverá na vila mariñá, ata xuño de 2012, baixo a organización da Federación Galega de Fútbol. A apertura académica contou coa presenza do presidente da Escola de Adestradores de Galicia, Rafael Sáez; o vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo, Antonio Veiga; o alcalde de Burela, José María González Barcia; o vicedirector do centro educativo burelao, Alfonso Iglesias; e o presidente do CD Burela FS-Pescados Rubén, José Ramón González Casas; así como o profesorado do ciclo. O presidente da FGF, José García Liñares, delegou a representación da entidade no membro do Comité Galego de Fútbol Sala e director xeral do Burela FS, José Luis Sáez.
Rafael Sáez destacou a riqueza do fútbol sala na costa luguesa e en Burela. “Con este curso a Federación responde con interese ao extraordinario tirón que ten o fútbol sala na Mariña achegando formación que en ocasións está excesivamente centralizada; Burela ademais facilitaralle ao alumnado unhas inmellorables condicións materiais, no IES Monte Castelo, e un corpo docente de calidade”.
“A formación de formadores sempre é esencial; nestes tempos de crise a reflexión conduce a potenciar aínda máis se cabe a base e o camiño correcto é precisamente a formación. O Burela FS así o está demostrando impulsando este tipo de iniciativas que redundarán no desenvolvemento dos pequenos deportistas” explicou o vicepresidente da Deputación facendo referencia á súa relación persoal con este deporte como adestrador de base hai anos. José María González Barcia manifestou a colaboración do Concello “sempre na medida das nosas posibilidades nun proxecto de mérito incontestable porque estes futuros instrutores terán a responsabilidade de coidar dos rapaces, de formar non só deportistas senón tamén persoas”.
O presidente do CD Burela FS agradeceu á Federación que fixera realidade unha formación que cualificou como “o xerme da profesionalización de formadores na Mariña para que este deporte siga medrando”. Alfonso Iglesias trasladou as felicitacións aos responsables do curso e reafirmou o compromiso do IES Monte Castelo “nunha iniciativa que repercutirá na calidade dos adestradores e dos deportistas”.
Por último, José Luis Sáez pechou o acto desexando a boa aceptación do curso para que “sexa a primeira pedra dunha boa traxectoria de formación na Mariña que se poida ir ampliando paulatinamente”. “O Comité Galego de Fútbol Sala é consciente do que custa manter este deporte, coñece o interese que existe na Mariña polo fútbol sala e por iso manteremos un contacto fluído con todos os clubs para tratar de coidar esta xoia” concluíu o membro da FGF.
Único en Galicia
O de Burela será o único curso da especialidade de instrutor de fútbol sala que se impartirá en Galicia en 2011-12. Baixo a coordinación do ex-adestrador do Superti-A Pontenova, José Ramón Rodríguez, Josiño, terá unha duración de 280 horas e contará entre o seu profesorado cos técnicos CD Burela FS, Javier Pardeiro e Quique García; o director da ED EON Burela FS, Alfonso Mera; o médico do club laranxa, Javier Couce; o psicólogo Marcelino Luna e a socióloga Juana Blanco.
No bloque común, que compartirán o curso de fútbol sala e o de fútbol, con sede en Ribadeo, o estudantado adquirirá nocións sobre anatomía, psicopedagoxía, socioloxía, organización e lexislación e mais educación física de base. Despois, as técnicas individuais e colectivas, táctica e sistema de xogo, regras de xogo, educación física específica, metodoloxía e dirección de equipos serán os temas que se abordarán no programa específico. Un período de 80 horas de formación práctica completará o ciclo.






















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
