Nota de prensa:
Acordos da Comisión 8.ª, Pesca e Marisqueo do 4 de outubro de 2011
A Comisión 8.ª, Pesca e Marisqueo, na reunión do 4 de outubro de 2011, adoptou os seguintes acordos:
Aprobación por unanimidade con modificacións:
– 08/PNC-2045 (70397) Grupo Parlamentario Popular de Galicia Balseiro Orol, José Manuel Sobre a continuación das tarefas desenvolvidas polo ente público Portos de Galicia no peirao de San Cibrao, no concello de Cervo, para dotar esas instalacións dunha mariña seca e habilitar un espazo exterior de resgardo para os usuarios BOPG núm. 542, do 20.09.2011
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia:
1. A dar continuidade ás tarefas de mellora desenvolvidas polo ente público autonómico Portos de Galicia no peirao de San Ciprián, de tal xeito que dote a estas instalacións dunha mariña seca e habilite un espacio exterior de resgardo -alleo aos edificios portuarios- para a estancia dos usuarios, evitando así o rigor das inclemencias climatolóxicas.
2. As obras previstas garantirán o cumprimendo das normas medioambientais existentes, e dotarase á infraestrutura prevista de cuberta. A súa execución non se prolongará máis alá de decembro do ano 2011.”
Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2011