Nota de prensa
O PP di que “a falta de feitos” confirma que os anos de goberno socialista foron “nesfastos” para a provincia de Lugo
Os cabezas de lista ó Congreso e ó Senado polo Partido Popular aseguraron que ninguén mellor que os propios lucenses pode valorar a acción do goberno central porque “lamentablemente estamos peor que en 2004”
Na súa opinión non serve escudarse na mala situación económica actual porque a provincia de Lugo tamén nos anos de maior bonanza foi discriminada
Lugo, a 24 de outubro de 2011.- “Os feitos son o maior aval ou refrendo co que un político ou, por extensión, un goberno pode presentarse ante a cidadanía para rendir contas da súa xestión ó remate dunha lexislatura. Os feitos son a proba irrefutable do cumprimento da palabra dada. No caso do Goberno socialista desafortunadamente hai poucos feitos dos que falar e os que hai só serven para censurar a súa actuación”. Deste xeito valoraron hoxe os cabezas de lista ó Congreso e ó Senado por Lugo, Joaquín García Díez e José Manuel Barreiro respectivamente, a actuación do goberno de Rodríguez Zapatero.
Durante a súa comparecencia, na que estiveron acompañados polos deputados autonómicos Jaime Castiñeira e Lourdes Yáñez, os candidatos populares salientaron que “ninguén mellor que os propios lucenses pode valorar a acción de goberno dos socialistas e a conclusión é lamentablemente moi clara: estamos peor que en 2004”.
Segundo explicaron, deixando á marxe os “malos” indicadores económicos que son “prácticamente similares” en todas as provincias de España (desemprego, falta de credibilidade, inseguridade no futuro e rebaixa do nivel adquisitivo e, como consecuencia, contracción no consumo, ós que hai que “darlle solución urxente”), a etapa socialista deixa prácticamente sen rematar todas as infraestructuras relevantes para o desenvolvemento e vertebración da provincia de Lugo.
INFRAESTRUCTURAS PENDENTES
Para os representantes populares esta circunstancia “grave de por si”, ten o “agravante engadido” de que o responsable da súa execución, o ministro de Fomento José Blanco, é o cabeza de lista dos socialistas por Lugo. “Blanco só apela os seus orixes en época electoral. Neses períodos, xa sexa como número dous do partido ou como titular de ministerio, non escatima promesas nin ostentanción do poder que lle otorga o seu cargo, pero os feitos non confirman nin unha cousa nin a outra”, explicaron. “E non serve escudarse na mala situación económica actual porque nos anos de maior bonanza, porque cando os socialistas se fixeron cargo do Goberno central atoparon un Estado saneado, a discriminación da que foi obxecto a provincia de Lugo foi idéntica”, apuntillaron.
Así, segundo dixeron, Lugo segue a ser a única provincia galega na que a chegada do AVE non ten data pero, “increíblemente, contamos con proxecto para construir a futura estación á que aínda non sabemos se chegará algún tren”.
Neste intre, segundo indicaron, na liña Ourense-Lugo únicamente está en obras un subtramo, a variante de Pobra de San Xiao, de 7,5 km de lonxitude, adxudicada en decembro de 2006, que tiña un prazo de execución de 40 meses, pero para o que aínda non hai data prevista para o seu remate; e no que atinxe o AVE A Coruña-Lugo, os socialistas directamente abandoaron o proxecto.
No que atinxe ás autovías, a A-54 Lugo-Santiago segue sen chegar; a A-56 Lugo-Ourense está anulada; a A-76 Ponferrada-Monforte continúa en estudo informativo; a A-72 Chantada-Monforte desapareceu do mapa e A-8 a autovía do Cantábrico está sen rematar. “Temos, eso sí, aínda que con tres anos de retraso”, matizaron os populares, “unha nova ponte en Lugo, moi bonita, pero sen accesos á cidade, un fermoso edificio para o CETAL, que serviu para colocar a algúns amigos pero non para crear os miles de postos de traballo prometidos, e o aeródromo de Rozas que está como estaba”.
GANDEIROS E PESCADORES, ABANDONADOS
Os principais sectores productivos da provincia de Lugo non correron, en opinión dos populares, mellor sorte que as infraestructuras.
A falla de sensibilidade e interese por resolver e incluso “pelexar” os principais e máis urxentes problemas que ten o sector agrogandeiro e pesqueiro púxose de manifestó dende o principio co recorte orzamentario do que foron obxecto e reafirmouse despois coa creación dun único ministerio baixo o que pretendeu esconderse as graves dificultades polas que pasa a actividade agrícola, gandeira e pesqueira. “En resumo, non se fixo nada dende dentro para facilitar a subsistencia das explotacións e no ámbito da Unión Europea deixouse a súa sorte a gandeiros e pescadores, que inexorable sairon perxudicados”.
Os populares, segundo recalcaron, agardan que “muden as circuntancias” e confían en que, cando Mariano Rajoy chegue á Moncloa, a creación dun ministerio adicado a estes sectores o faga posible.
Os representantes populares recalcaron que “o cambio político en España faise necesario, dadas as circunstancias” e que é o momento “de censurar a aqueles que, ademáis de non cumprir, minten sobre a razón dese incumprimento, que non é outra que a consecuencia lóxico de realizar unha pésima xestión e negar a realidade”.

















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



