Xunta e Ministerio “pasan” da lexislación ambiental e autorizan dragar a Rede Natura sen informes
24 de outubro de 2011. Este pasado día 20 comezou o dragado dos fondos da ría de Ferrol, en plena Rede Natura 2000 (LIC Costa Ártabra). Trátase dun sos ecosistemas submariños máis valiosos e biodiversos de Galiza nos que frecuentemente aparecen novas especies. Porén, a DIA (Declaración de Impacto Ambiental) favorábel feita polo ministerio de M.A.R.M carece do preceitivo informe da D. X. de Conservación da Natureza. Deste xeito, unha agresiva intervención sobre un espazo protexido estase a desenvolver de xeito alegal, isto é, á marxe da lexislación grazas á inibición do estado e ao desleixo da Xunta. Se as administracións responsábeis “pasan” de cumprir as leis ambientais, como van a a garantir a protección noso patrimonio natural?
A DIA do proxecto “Mellora dos calados da canle de entrada ao interior da Ría de Ferrol- A Coruña no LIC Costa Ártabra-ES-1110002” promovido pola Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao, foi emitida no BOE do 3 de xaneiro de 2011 polo órgano ambiental que é o Ministerio de Medio Ambiente. Como noutros casos, a resolución minimiza ou oculta os efectos negativos de determinados impactos, en particular os efectos sobre determinadas especies protexidas. A este respsito, nada novo pois. O máis grave (que mesmo pode ser obxecto de denuncia e recurso xudicial) é que o Ministerio en connivencia coa Xunta, incumpriu de xeito grave e demostrábel o procedemento legal determinado polo RD 1/2008 (de Avaliación de Impacto Ambiental), a Lei 42/2007 (do Patrimonio Natural e da Biodiversidade), e a DC 92/43/CEE (Directiva de Hábitats): A DIA do Ministerio carece do informe perceptivo que debería emitir o órgano responsable da xestión da Rede Natura 2000 en Galiza, isto é, a Dirección Xeral de Conservación da Natureza.
A necesidade deste informe perceptivo queda recollida no artigo 4.3 do RDL 1/2008 de Avaliación de Impacto Ambiental que recolle “Cando corresponda á Administración Xeral do Estado formular a declaración de impacto ambiental regulada nesta Lei, será consultado preceptivamente o órgano ambiental da comunidade autónoma onde se ubique territorialmente o proxecto”. Este punto cúmprese só en parte: na páx. 554 da DIA, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente “INFORMA POSITIVAMENTE o proxecto e recorda a necesidade de solicitar informe á Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia ademais da necesaria autorización da Consellería de Medio Rural por ser un espazo ZEPVN”. De xeito que a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente emite un informe incompleto a sabiendas que falta o da D.X. de Conservación da Natureza.
A propia DIA recoñece que a D.X. de Conservación da Natureza, que é a responsable na xestión dos espazos naturais protexidos da CCAA, NON INTERVEU NO PROCEDEMENTO DE AVALIACIÓN AMBIENTAL dunha obra que se ía desenvolver nun espazo natural protexido da Rede Natura.
Ademáis o artigo 45.4 da Lei 42/2007 do Patrimonio Natural di “Calquer plan, programa ou proxecto que, sen ter relación directa coa xestión do lugar uo sen ser necesario para a mesma, poda afectar de forma apreciable aos citados lugares… someterase a unha adecuada avaliación das súas repercusións que se realizará de acordo coas normas de aplicación, de acordo co establecido na lexislación básica estatal e nas normas adicionais de protección ditadas polas Comunidades autónomas, tendo en conta os obxetivos de conservación de dito lugar. Á vista das conclusións da avaliación das repercusións os órganos competentes para aprobar ou autorizar só poderán manifestar a súa conformidade cos mesmos tras asegurarse de que non causará perxuicio á integridade do lugar, e se procede, tras sometelo a información pública”. De novo, a DX de Conservación da Natureza non informou con base ás súas competencias na Rede Natura.
Como resultado destas “omisións” e irregularidades no procedemento, a DIA debería ser anulada por emitirse sen contar co informe preceptivo da D.X. de Conservación da Natureza que é a que tiña que informar preceptivamente sobre as repercusións da obra nos valores naturais deste espazo protexido da Rede Natura. A chafallada complétase cando o Ministerio pide informe e autorización á D.X. de Conservación da Natureza 9 meses despois de emitirse a DIA!
Como o punto 5.d da DIA recollía que “O calendario de execución contará coa aprobación da Dirección Xeral de Conservación da natureza da Xunta de Galicia”, o xoves 20 de outubro, momento en que comezan as obras, ADEGA presentouse na Autoridade Portuaria e solicitou ver a autorización da D.X. Conservación á que se refire a DIA. Entregáronnos unha copia da autorización do Director Xeral con data de saída da Xunta do 10 de outubro de 2011 e de entrada na Autoridade Portuaria do 7 de outubro!!!, todo un exemplo de eficiencia administrativa con salto atrás no tempo incluida. A devandita autorización trascribe o informe favorábel do Xefe do Servizo de Conservación da Natureza da Coruña onde fai referencia, por 3 veces, a un “Informe do biólogo deste Servizo Provincial do 23 de xullo de 2010”, informe que solicitamos á Autoridade Portuaria e que resppostaron que non tiñan. Que é o que diría este misterioso informe, emitido dentro do prazo de información pública, para que nunca chegara ao Ministerio ou non lles interesara facelo público.
Que non se inclúa este informe na DIA resulta sospeitoso, por canto é moi probábel que este fora negativo. É o colofón a un cúmulo de irregularidades (incumprimento grave do artigo 6 da Directiva de Hábitats), incumprimento da lexislación de impacto ambiental e da Lei 42/2007) que remata na emisión dunha DIA fraudulenta a sabendas que faltan documentos necesarios. Por iso, ademais de solicitar a anulación da DIA trasladaremos a Europa este asunto e poñeremos en coñecemento da Fiscalía todo o procedemento para dirimir as responsabilidades que atinxan á Xunta e ao Ministerio. As leis ambientais son de obrigado cumprimento para todos/as, e as administracións deberían ser as pimeiras en respectalas!












Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



