Nota de prensa
BALSEIRO ACUSA A MELCHOR ROEL DE PERPETRAR UN ENGANO MASIVO AOS VECIÑOS DO BARRIO DO CELEIRIÑO QUE VIRON DANADAS AS SÚAS VIVENDAS
· O director do IGVS, Boné Pina, confirma –a preguntas do deputado popular- que as axudas comprometidas polo Concello e pola Xunta bipartita na declaración de emerxencias non podían outorgarse porque eran inviables técnica e legalmente.
· Ata en catro ocasións, durante todo este tempo, a Xunta requiriu do Concello que dera conta da reclamación xudicial á empresa presuntamente causante dos danos, sen obter resposta algunha e sen ter constancia de que se inciara o procedemento.
· Boné Piná asegurou que desde o Concello “non se controlaron para nada as obras” e que ata a construción do muro pantalla foron moito peor “os remedios que a enfermidade”.
Jose Manuel Balseiro Orol
Deputado