Nota de prensa:
A LIGA NACIONAL DE BILLARDA PRESENTA O DOBLE CD “REPUBLICA BILLARDA”
Este sábado día 3, no pazo de feiras e exposicións de Pontevedra, e dentro do Culturgal 2011, terá lugar a presentación de “REPÚBLICA BILLARDA, sons, letras e actitudes” un doble cd que conta con obras dunha boa parte de grupos do panorama musical galego.
As 16:30 horas da tarde dentro do espazo Billarda Experience haberá unha charla-presentación onde se falará da evolución da billarda, non só como deporte, senón como movemento cultural, que se representa coa edición deste cd.
Posteriormente, a partir das 17 horas, nun pabellón anexo ao pazo de congresos haberá un aberto de billarda, que será puntuable para a conferencia sur.
Desde esta semana “República Billarda” xa se atopa a venta, por 10 euros en varios locais comerciais, como son o Bar Nevada e a Tenda de Ruth en Ribadeo, Gráficas Viana en Lourenzá, A Taberna de Lola en Remourelle e Restaurante A Lareira en Cabanas. Nos vindeiros días se venderá en máis establecementos. Así mesmo se poden facer encargas no facebook oficial O Varal Billarda, no mail ovaral@hotmail.com, ou en calquera aberto de billarda.
Tamén se enviará por correo ao prezo de 12 euros.
A LNB quere agradecerlle profundamente a colaboración a tanta xente que fixo posible que este disco vira a luz.