NOTA DE PRENSA.-
XXIIIª TIRADA DE BOLOS – XIIª SUB 16 – IIIª LIGA FEMININA
(TEMPORADA 2011/2012)
Organiza: Concellería de Cultura do Concello de Xove
Colaboran: IES Illa de Sarón de Xove
INCIDENCIAS DA 8ª TIRADA
(Centro Social MORÁS – Sábado, 26 novembro 2011)
| CAMPEONATO DE BOLOS DE CENTRO SOCIAL DE MORÁS (26 NOVEMBRO 2011 ) 30 INSCRITOS: 17 NA LIGA SENIOR, 5 NA LIGA SUB 16 E 8 NA LIGA FEMININA | |||
| CLASIFICACION | NOME | TANTOS | PUNTOS |
| LIGA SENIOR | |||
| PRIMEIRO | CÉSAR CANCELOS LÓPEZ | 212 | 12 |
| SEGUNDO | FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ | 208 | 10 |
| TERCEIRO | SÓCRATES CAMPO SUÁREZ | 205 | 8 |
| CUARTO | ARTURO VIGO CASABELLA | 197 | 7 |
| QUINTO | OMAR CABRERA MACIAS | 194 | 6 |
| SEXTO | JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ | 181 | 5 |
| SÉTIMO | RAMÓN FRANCO BERMÚDEZ | 152 | 4 |
| OITAVO | MODESTO ALBO VIDAL | 151 | 3 |
| NOVENO | JOSE VIGO LAGE | 151 | 2 |
| DÉCIMO | JOSÉ BAÑO FERNÁNDEZ | 147 | 1 |
| MELLOR BOLADA | SÓCRATES CAMPO SUÁREZ | 94 | 1 |
| LIGA SUB 16 | |||
| PRMEIRO | SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ | 117 | 6 |
| SEGUNDO | DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ | 73 | 4 |
| TERCEIRO | ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ | 52 | 3 |
| CUARTO | CRISTÓBAL RIVAS CAMPO | 46 | 2 |
| QUINTO | RAQUEL COCIÑA PIÑEIRO | 6 | 1 |
| MELLOR BOLADA | SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ | 52 | 1 |
| LIGA FEMININA | |||
| PRMEIRO | DOLORES BAÑO FRAGO | 125 | 6 |
| SEGUNDO | CARMEN ROCA CORRAL | 116 | 4 |
| TERCEIRO | BELÉN MEITÍN ROUCO | 90 | 3 |
| CUARTO | CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ | 87 | 2 |
| QUINTO | LEONOR CASABELLA RODRÍGUEZ | 52 | 1 |
| MELLOR BOLADA | DOLORES BAÑO FRAGA | 55 | 1 |
-Tarde moi agradable e campo en perfectas condicións. 30 inscritos, 17 na Liga Senior e 8 na Liga Feminina e 5 na Liga Sub 16.
Liga Senior Masculina.- Gran actuación de César Cancelos, obtendo unha gran puntuación, favorecida por un campo que se atopaba en perfectas condicións. Con esta victoria, César, que levaba unha tempada irregular, pasa da decimoterceira posición á quinta con 29 puntos, moi perto do 3º posto. Líder, unha semana máis Arturo Vigo, que inda que só obtivo unha victoria, está a ter unha temporada moi regular, puntuando até agora en tódalas tiradas, e case sempre do medio para riba. Con 64 puntos mantén unha cómoda renda sobre o segundo, que sigue sendo Francisco Pérez con 47. Francisco está sendo este ano a revelación, cunha regularidade que nos está sorprendendo a todos; xogador capaz do mellor, pero tamén do pior, este ano parece que atopou a liña que lle permite manter unha regularidade, puntuando en tódalas tirada menos a de Lago. Se mantén este nivel pódese converter nun oso duro para Arturo. Terceiro temos ao vixente campión José Rafael González, que está tendo unha temporada moi irregular, por non decir mala, dado o nivel que se lle presupón a un dos mellares xogadores da historia do noso deporte. En cuarta posición temos a Ginés Rodríguez con 31 puntos, posición moi meritoria, dado que traballa en Santiago e non puido participar na metada das tiradas; sempre que veu amosou un gran nivel.
Liga Senior Feminina.- Segunda victoria consecutiva da vixente campiona, quen parece que espertou nesta recta final da primeira volta da Liga. Os sete puntos obtidos consolídana na 3ª posición con 27 puntos, moi perto xa dos dous primeiros postos, que coma na semana pasada están ocupados por Carmen Roca con 35 puntos e Belén Meitín con 31. A tenor do visto ata o momento, estas tres xogadoras (dúas delas, Carmen e Dolores campionas noutras edicións) vanse disputar os tres primeiros postos finais, xa que semana a semana está ofrecendo un nivel moi superior ao resto das participantes. Por detrais delas temos a Leonor Casabella con 12 puntos, Salomé Bermúdez con 10 e Carmen Martínez con 9.
Liga Sub 16.- Sigue o baile de líderes nesta categoría, correspondéndolle nesta ocasión oliderato á vixente campiona, Salomé Cardoso, quen gracias aos sete puntos obtidos encabeza con 35. Segundo temos a Daniel López con 33 e terceiro a Isaiais Cardoso con 31, quen por certo tivo unha participación máis que discreta nesta tirada de Morás. Por certo, nas últimas semanas baixounos a participación nesta categoría, na cal cubrimos a penas os 5 xogadores que teñen accesso a puntuar cada semana. Esperemos que nas vindeiras tiradas podamos recuperar algúns xogadores nesta categoría, obxectivo moi importante para o campionato, xa que son o futuro deste deporte.
A Vindeira tirada que estaba previsto celebrar no Centro Social de Sumoas,vai ter lugar na Bolera do CAMPO MUNICIPAL DE FÚTBOL DE XOVE, O VINDEIRO SÁBADO, 3 DE DECEMBRO DE 2011; isto é debido a que a bolera de Sumoas foi obxecto dunha profunda reforma e o campo de xogo está recén sementado, polo que inda hai que esperar a que esta semente se complete e fructifique para poder volver a xogar alí. Esperemos que para o final desta Liga, que vai ter lugar en marzo, precisamente no Centro Social de Sumoas, estas novas instalacións poidan seren utilizadas.
























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
