Nota de prensa:
Hoxe, xoves 17, tivo lugar na cafetería de hostelería do IES de Foz unha degustación de cogomelos aberta a toda a comunidade educativa.
A degustación consistiu en 11 pratos, entre eles: croquetas con diferentes cogomelos, pementos de piquillo recheos, pleorotus ostreatus á prancha con ovos de codorniz, arroz caldoso con bolouros…
Durante esta semana hai unha exposición dos cogomelos recollidos no monte aberta a todo o público.