A Delegación Municipal de Cultura, dentro da súa programación Outono 2011, presenta o grupo de teatro afeccionado O Bordelo de Cervo coa obra Querencia. A representación terá lugar o vindeiro venres, 25 de novembro, ás 21:30 horas no auditorio da Casa da Cultura. A entrada será libre. Querencia é unha sátira cómico-realista da situación esperpéntica dos días de hoxe nos que en nome do progreso esmagámola cultura, especialmente aquela que nos define como singulares. Trátase dun teatro esencialmente popular en clave de humor, enraizado na Mariña lucense.
O grupo do Teatro O Bordelo de Cervo representa a obra “Querencia” en Burela
O grupo do Teatro O Bordelo de Cervo representa a obra “Querencia” en Burela
Relacionado
-
Falece un home en Viveiro logo de ser rescatado da auga
-
Barreiros sumouse á conmemoración do Día Internacional do Orgullo
-
Este xoves, 26 de xuño, tivo lugar na Praia de Frexulfe (Navia) o acto oficial de entrega das Bandeiras Azuis 2025, organizado polo Concello de Navia, coa presenza de autoridades e representantes de entidades galardoadas