Nota de prensa
ANTONIO VEIGA PARTICIPOU EN MONDOÑEDO NA PRESENTACIÓN DA OBRA DE TEATRO “MENCIÑEIROS”
Esta peza, baseada na obra de Cunqueiro, dirixida por Lucho Penabade e Comba Campoy, con Pepe Penabade e Mini e Mero no elenco, estrearase mañá ás 9 da noite no Auditorio de Mondoñedo
Antonio Veiga valorou o traballo de “Volta e dálle teatro” para adaptar Escola de Menciñeiros de Cunqueiro, colaborando a celebrar o centenario do nacemento do escritor mindoniense
Mondoñedo, 17 de novembro de 2011. O vicepresidente da Deputación de Lugo, o nacionalista Antonio Veiga, participou esta mañá no Auditorio de Mondoñedo na presentación da nova peza escénica de Volta e Dálle Teatro, “Menciñeiros”, baseada e adaptada da obra escrita de Cunqueiro. Esta obra de teatro, dirixida por Lucho Penabade e Comba Campoy e protagonizada por Pepe Penabade e Mini e Mero, que ademais se ocupan de poñer a música en directo, estrearase mañá no Auditorio Municipal de Mondoñedo ás 9 da noite. “Menciñeiros” é unha peza que recupera, a través da obra de Cunqueiro, unha das figuras máis interesantes do imaxinario tradicional do noso país. Para iso, polo escenario van pasando Cabo de Lonxe, Xil da Ribeira, Lamas o Vello, etc. explicando os seus métodos curativos e os seus casos máis complicados, tal e como, noutrora fixo Cunqueiro a través do relato.
Antonio Veiga valorou o traballo de “Volta e dálle teatro” para adaptar Escola de Menciñeiros de Cunqueiro, colaborando a celebrar o centenario do nacemento do escritor mindoniense. Veiga afirmou que “Súmase así esta peza á aposta de Volta e Dálle por recuperar para o teatro o patrimonio cultural galego, aproveitando tamén o centenario de Cunqueiro para homenaxealo, porque só el soubo retratar os menciñeiros cunha viveza da que dificilmente podemos adiviñar se a descrición se cingue ao real ou se a imaxinación do autor xa botou a voar. Do mesmo xeito que o fabulador mindoniense quixo plasmar no papel as historias daqueles menciñeiros das Terras de Miranda, agora Volta e Dálle quere levalas ás táboas co dobre obxectivo de preservar a cultura e os saberes dos curandeiros e divulgar a obra dun dos autores máis salientables das nosas letras, e por iso desde a Área de Cultura da Deputación apoiamos esta iniciativa, da que desexamos que sexa un éxito e que mañá se encha este auditorio, ao que sigan moitas representacións máis”.
O ELENCO
Pepe Penabade, actor protagonista, adaptador e escenógrafo, foi un dos fundadores (en 1987) da compañía Os Quinquilláns, da que formou parte até 1999 e, un ano despois, deu en fundar Volta e Dálle, compañía na que participa como actor, produtor e escenógrafo. Na súa nómina figuran espectáculos coma Furga Garabela!, Rodesindo da Barrosa ou Pan, catro propostas arredor da malla, entre outros. Aínda que tamén o cinema e a televisión contaron co seu traballo en títulos coma: Pepe O inglés, Padre Casares, Matalobos, Pataghorobí ou Vacas, porcos e zapatos de tacón.
Mini, Xosé Luís Rivas e Baldomero Iglesias, Mero. Ademais de músicos introdúcese agora de cheo na interpretación, logo dunha primeira experiencia interpretativa en “Pan, catro propostas arredor da malla”. No eido musical foron fundadores (en 1972) de Fuxan os Ventos e en 1984 fundaron A Quenlla, grupo no que permanecen activos ata o momento.



















Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.



