Nota de prensa
Premios de Nadal de Postais e Poesías en Alfoz
Este martes, día 27 de decembro, elixíronse na Biblioteca de Alfoz os gañadores do Certame de Postais e de Poesía de Nadal. O Xurado reuniuse ás 17 horas nos locais da Biblioteca Municipal, estando formado o devandito Xurado por Ofelia Adrio (Bibliotecaria), Mirta García (responsable da OMIX de Alfoz), Paz Quiroga e Jesusa Paz (profesoras do IES Alfoz-Valadouro) e Lionel Rexes (escritor, editor da revista “O Prado das Chantas” e colaborador da Radio Valadouro), e sendo elixidos gañadores os seguintes rapaces:
POESÍA.
Categoría A (ata 8 anos). 1º. Diego Bouso Paz. 2º. Víctor Candia Paz.
Categoría B (de 9 a 11 anos). 1º. Ariana Martínez Ramos. 2º. Marta Gayo Febrero.
POSTAIS.
Categoría A (1º Ciclo de Primaria). 1º. Sergio López Tallón. 2º. Deyanira Barreira Vigo.
Categoría B (2º Ciclo de Primaria). 1º. Samuel Acebo Rega. 2º. Juan Rejes Trobo.
Categoría C (3º Ciclo de Primaria). 1º. Adrián Rodríguez Vizoso. 2º. María Rega Posada.
Os premios entregaranse pasadas as vacacións de Nadal.























A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



