Nota de prensa
MAÑÁ SÁBADO CONCERTO DE PANXOLIÑAS NA CASA DA CULTURA DE BURELA.
Burela, 16 de decembro de 2011. A Casa da Cultura acollerá mañá, 17 de decembro, o concerto de panxoliñas no que participarán tres corais, segundo ven de anunciar a Delegación de Cultura do Concello de Burela.
O concerto de panxoliñas terá lugar ás 20:30 horas na Casa da Cultura. O acto contará coa participación da Coral Avilesina (Avilés), a Coral O Encantiño (Ourense) e a Coral Polifónica de Burela, que é a organizadora desta tradicional cita.
A edil de Cultura, Mónica Pedre, anima “aos veciños de Burela e aos do resto da Mariña a disfrutar da actuación destas corais no concerto de panxoliñas do 2011. A cita merece a pena