Nota de prensa
A VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA DA DEPUTACIÓN APOIA CON 25.000 EUROS A FUNDACIÓN IMDECUM
Esta fundación ten por obxectivos impulsar, promover e coordinar a actividade deportiva, cultural, educativa e turística da Mariña
Veiga destacou que “trátase de unir esforzos para facer realidade unha comarca única en deporte, cultura e turismo onde todos os concellos mariñáns se vexan reflectidos”
Lugo, 30 de decembro de 2011. Antonio Veiga, o vicepresidente da Deputación de Lugo, na súa comparecencia de hoxe logo da Xunta de Goberno da Deputación anunciou que nesa propia Xunta de Goberno se aprobou unha subvención para colaborar coa Fundación IMDECUM por un importe de 25.000 euros, cuxo convenio asinou a posteriori co presidente da nomeada Fundación, Marcelino Luna Almarza (achéganse fotografías da sinatura do convenio).
Veiga destacou que “a través desta fundación trátase de unir esforzos para facer realidade unha comarca única en deporte, cultura e turismo onde todos os concellos mariñáns se vexan reflectidos, polo que decidimos apoiar a proposta, que hoxe se efectiviza, cando se nos presentou xa tempo atrás”. Pola súa banda, Marcelino Luna agradeceu a importantísima axuda da Vicepresidencia Primeira da Deputación “fundamental para poder sacar adiante os obxectivos desta Fundación”, persoando os agradecementos na figura do vicepresidente Antonio Veiga.
IMDECUM, Fundación para o Impulso ao Deporte, Cultura e Turismo da Mariña nace grazas ao apoio da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo e das institucións públicas, co obxectivo de impulsar, promover e coordinar a actividade deportiva, cultural, educativa e turística da Mariña; fomentar os valores de igualdade, tolerancia, solidariedade, cooperación e integración principalmente na infancia, xuventude, terceira idade, mulleres e daquelas persoas e colectivos con maior risco de exclusión; ademais de difundir, desenvolver e preservar o patrimonio histórico, cultural, natural e turístico da comarca.
Recoñecida como Fundación de Interese Galego pola Xunta de Galicia, a iniciativa mariñá xermolou no berce do CD Burela FS-Pescados Rubén, nunha xestión baseada nos modelos da súa escola de fútbol sala, que se fundamentan na cultura do esforzo, a atención á diversidade, a integración social e o principio de igualdade, sen esquecer a busca do talento, a posta en valor da creatividade e o traballo en equipo entre a xuventude da bisbarra.
IMDECUM pretende aglutinar ademais á empresa privada e conta na súa posta en marcha inicial coa representación no seu padroado de Pescados Rubén SL, Living Sport, Eje Atlántico, Oxem Sport e o CD Burela FS. A iniciativa centra a actividade dende os seus primeiros pasos, en febreiro de 2010, na colaboración con empresas, entidades financeiras, Administracións Públicas, institucións, asociacións e organismos de toda índole para contribuír aos obxectivos de cada un deles.
Ademais, na Xunta de Goberno aprobáronse as axudas destinadas a deportistas individuais do automobilismo lucense, dotadas de 8.000 euros, para sufragar os custes derivados de adquisición de xogos de rodas para participar en competicións, grazas ás que se beneficiarán 21 pilotos lucenses.
Tamén se aprobaron diferentes bolsas de formación para a Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, das que se beneficiarán 4 persoas, así como unha addenda ao convenio para reformar a escola habanera de Barreiros de cara á modificación dos prazos de execución.























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



