Nota de prensa:
ADEGA falla os premios Osíxeno e Dioxina 2011
15 de decembro de 2011. Van xa 11 anos dende que ADEGA decidíu recoñecer as millores e piores actuacións ambientais do ano coa entrega dos premios OSÍXENO e DIOXINA.
Premio OSÍXENO á millor actuación/actitude ambiental do 2011:
-Categoría individual: a Xosé Alfredo Pereira, Presidente da ORGACCMM.
-Categoría colectivo: á Plataforma pola defensa da Serra do Galiñeiro.
Premio DIOXINA á actitude ou actuación máis agresiva ou insustentábel:
-Categoría individual: ao alcalde de Barreiros, Alfonso Puente.
-Categoría colectivo: á Consellaría do Medio Rural da Xunta de Galiza.
Premio OSÍXENO DE HONRA a Mini e Mero polo seu compromiso cos valores culturais e naturais do país.
Un ano máis, e van xa 11 edicións, a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) falla os premios OSÍXENO e DIOXINA. Estes recoñecementos pretenden subliñar as actuación de persoas ou colectivos a prol (premio OSÍXENO) ou en contra (premio DIOXINA) do patrimonio natural galego. Hai uns anos ampliamos o carácter destes premios establecendo dúas modalidades para recoñecer o labor tanto de colectivos como de persoas en cada unha das categorías. E como novidade, en 2009 instituimos o premio OSÍXENO DE HONRA para subliñar toda unha traxectoria de compromiso co ambiente e a cultura do país, que recibíu nese ano D. Isaac Díaz-Pardo e en 2010 concedeuselle a Xaquín Marín.
Este 2011 o premio Osíxeno de Honra recae en Mini (Xosé Luís Rivas Cruz) e Mero (Baldomero Iglesias Dobarrio) pola súa contribución decisiva e xenerosa á recuperación e mantemento do patrimonio cultural do país, e pola súa traxectoria de docencia e divulgación das ciencias sociais e naturais en galego.
Nas demáis categorías, os/as premiados/as nesta edición de 2011 son:
Premio OSÍXENO á millor actuación/actitude ambiental do ano:
-Categoría individual: A Xosé Alfredo Pereira, presidente da ORGACCMM (Organización Galega de Comunidades de Montes en Man Común) polo seu traballo e compromiso exemplar a prol dun medio rural vivo e sustentábel.
-Categoría colectivo: á Plataforma pola Defensa da Serra do Galiñeiro, pola súa adicación decidida e intelixente na defensa dos valores naturais e culturais dun territorio ameazado pola especulación e a cobiza das eólicas.
Premio DIOXINA á actitude ou actuación máis agresiva e insustentábel:
-Categoría individual: ao alcalde de Barreiros Alfonso Puente pola súa catastófica e insustentábel política urbanística, exemplo de prepotencia e falta de respecto pola lei e polo territorio.
-Categoría colectivo: para os responsábeis da Consellaría do Medio Rural, pola súa incompetencia e desleixo na xestión do medio rural galego, que para o conselleiro Juárez “non ten futuro e está condeado a desaparecer”. Os responsábeis políticos de Medio Rural, merecen un cero en conservación da natureza, un cero en prevención e loita contra o lume e un cero en transparencia informativa, non están á altura do esforzo e do traballo desenvolvido polo persoal, gardería e técnicos da consellaría.
Os premios, consistentes n un diploma e unha escultura comemorativa de Nacho Porto entregaranse no decurso da cea de Nadal que terá lugar en Arzúa este sábado día 17 a partires das 21:30 no restaurante Casa Teodora.

























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



