Nota de prensa
O BNG PÍDELLE A VILLARES QUE NON SE PREOCUPE POLO QUE PUIDO SER E NON FOI E SI POR ASEGURAR A ADXUDICACIÓN E EXECUCIÓN DO EMISARIO PARA REMATAR O SANEAMENTO EN SAN CIBRAO QUE DE MOMENTO NON TEÑEN CONSIGNACIÓN ORZAMENTARIA PARA 2012.
O PP de Fraga tivo tempo dende o anuncio desta obra en 2002 para executalas e non o fixo senón que foi o goberno bipartito quen levou adiante esta actuación.
Fraga adxudicou esta actuación en plena campaña electoral de 2005 como fixo con moitas outras cousas,”collendo ao goberno municipal co pe cambiado que non tiña comprados os terreos para a obra”.
Cervo, 16 de decembro de 2011. Os nacionalistas cervenses mostran a súa satisfacción pola licitación da obra para o emisario submarino de San Cibrao pero advirten que unha cousa é licitar e outra moi distinta é adxudicar e executar esta actuación que rematará dunha vez por todas cos vertidos de augas residuais sen depurar en San Cibrao. Para o BNG o alcalde ten que preocupase polo futuro e asegurarse de que esta licitación leve incluída a consignación de partidas económicas nos orzamentos 2012 para a súa adxudicación e execución no próximo ano xa que de momento non existen e terá ocasión de facelo esixindo aos seus que apoien emendas da oposición dedicadas a este fin. Os nacionalistas advirten que si a EDAR pasa a ser xestionada pola Xunta a auga podería subir en Cervo un 300% en aplicación da Lei de Augas aprobada polo PP.
Unha cousa e licitar e outra moi distinta a execución da obra e a isto é ao que se ten que dedicar Villares non a criticar á oposición.
O BNG cervense por medio do seu portavoz municipal, Xoán Antón Estúa, pediulle Ao alcalde cervense que se ocupe de garantir que a licitación do emisario submarino de San Cibrao leve aparellada a consignación de partidas económicas nos orzamentos 2012 para poder adxudicar e executar a obra, “mentres non existan partidas específicas nos orzamentos para esta actuación un anuncio de licitación so é un brindis ao sol”, afirmou Estúa, que lembrou os mesmos anuncios do PP sobre este saneamento no ano 2002 e isto non garantiu o inicio das obras. Estúa devolveulle a pelota a Villares e dixo que “o indecente sería que o PP repetira a mesma actuación do goberno de Fraga que licitou esta obra no 2002 e adxudicouna tres anos despois en plena campaña electoral de 2005 utilizando fondos públicos en beneficio do seu partido”.
O mantemento das instalacións da EDAR polo Xunta suporía un novo incremento do prezo da auga en Cervo que roldaría o 300% en aplicación da nova Lei de Augas aprobada polo PP.
Os nacionalistas pediron a Villares que non bote balóns fora, si quere que a Xunta se ocupe do mantemento das instalacións que o negocie con eles, pero ao mesmo tempo advertiron que de acordo coa nova Lei de Augas aprobada polo actual goberno galego e aínda sen aplicar, isto suporía nas EDAR xestionadas pola Xunta un incremento do 300% no prezo dos recibos de auga en aplicación do coeficiente de vertido incluído no Art. 66 desta normativa, “polo que fraco favor lles fai aos veciños de Cervo a xestión autonómica da EDAR despois da suba do 41% xa aprobada polo goberno municipal”.




















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



