Nota de prensa
O COMERCIO DE FOZ ABRIRÁ ININTERRUMPIDAMENTE OS DÍAS 24 E 31 DE DECEMBRO DE 10 DA MAÑÁ A SEIS E MEDIA DA TARDE. O OBXECTIVO, SEGUNDO JOSÉ CARLOS PALEO, É FACILITARLLE AS COMPRAS Á SUA CLIENTELA.
Foz, 16 de decembro de 2011. O comercio de Foz abrirá ininterrumpidamente os días 24 e 31 de decembro de dez da mañá a seis e media da tarde para facilitarlles as compras destas datas aos seus clientes, segundo ven de anunciar a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autonómos de Foz.
O seu presidente, José Carlos Paleo, sinala que “o que pretendemos abrindo os días de noiteboa e noitevella de xeito ininterrumpido é que a xente compre sen apuros e sen agobios. Son moitos os que deixan as súas compras destas festas para o último día e queremos que poidan facelo sen estar pendentes do reloxio”. O comercio de Foz estará aberto os días 24 e 31 de decembro de 10 da mañá a 18:30 horas da tarde, de forma continuada “é decir non van pechar a mediodía para que todo o mundo teña tempo de comprar os seus agasallos, de recoller os seus encargos, en definitiva de mercar dun xeito máis cómodo e sen presas neses días tan sinalados e de tantos preparativos para todas as familias”.
Festa do cogomelo
Foz acolle hoxe e mañá, 16 e 17 de decembro a I Festa do Cogomelo que organiza a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos en colaboración cos Bolouros.
Un total de 35 bares, mesóns e restaurantes se darán cita nesta festa, e servirán tapas elaboradas con cogomelos. Son: A Caracola, A Funcional, A Maseira, A Quinta, A Sexta, A Bolera, Acuario, O Taco, A Dala, Dallas, Happydays, May-Ros, Xoima, Anduriña, O Rincón de Anita, Fina, Internacional, Portovello, Express, O Norte, Leytón, O Tangarte, O Tangarte Mariñeiro, Namarinos, O Náutico, O Pelolo, O Salado, A Soalta, pizzería Xoiña, As Brasas, Costumes do Mar, Dandy, O Lar, O Mar e Portochico.
Colaboran tamén nesta cita gastronómica a Unión Europea, a Xunta de Galicia, a Federación de Comercio de Lugo, a Deputación Provincial de Lugo e o Concello de Foz.
Desde ACIA Foz animan “a todo o mundo a achegarse á nosa vila a disfrutar desta nova festa gastronómica”.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



