O JESÚS NAZARENO
Días pasados tivo lugar un emotivo acto, moi concurrido, na homenaxe ós naufragos, dende a lembranza da meirande traxedia mariña ocurrida en Foz: o afundimento do “Jesús Nazareno”, o 18 de xullo de 1945, cando a flota, tralas festas da Patroa, voltaba ó mar, en plena costeira do bonito. O drama é coñecido e tristemente recordado, porque na mente e no corazón das nosas xentes endexamais se afastaron os sentimentos da imborrable vivencia; feito luctuoso que quedou na memoria popular como referencia primeira de tanta dor que o mar ten levado ós fogares mariñeiros e ó seu entorno. Doce náufragos, oito viuvas e 27 orfos cando a vila rondaba os dous mil habitantes Ó día seguinte El Progreso publicaba a noticia que enviara don Xosé Trapero Pardo, redactor do mesmo, vraneante en Foz, na que, entre outras cousas decía: “… en El Campo de Foz – cuadrilátero que agrupa las viviendas de los pescadores y que ostenta casi siempre el lápiz pardo de los aparellos tendidos al sol – se esperó en vano el retorno de la embarcación… Pero el “Jesús Nazareno” no podía ver ya los guiños de los faros de Tapia, Vares, San Ciprián, Ribadeo… Ni había de volver a teñirse lívidamente con la luz verdosa de la familiar baliza de Foz…Y hubo llantos en el pueblecito pesquero, llanto en los ojos y duelo en las almas…”. Este vello cronista era á sazón un neno de 8 anos, coa inmadurez propia da idade e polo tanto non consciente da magnitude da desgracia; pero quedou para sempre fixada na retina dos seus ollos a escena que Trapero describe, de xeito especial, as bágoas dos rapaciños , algúns amigos e compañeiros nosos na escola,. que choraban, sen tregua, a morte do seu pai.¡ Cántas nostalxias, querido Suso Bustamante!.Que o tráxico suceso perdura no fondo sentir da cidadanía díceo a numerosa concurrencia ó acto, organizado polo concello, ó que asistíu o autor da maqueta da lancha da traxedia, que se presentou alí.Os rapsodas Caxé e Xesús do Breogán leron senllos poemas e o coro parroquial cantou a Salve Mariñeira. O público contemplou, polo miúdo, a exposición montada ad hoc. Parabéns á organización.
Suso Fernández


















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



