Nota de prensa
A CIG-ENSINO denuncia que Educación incrementa, cunha extra superior aos 300.000 €, as subvencións a centros privados concertados.
Fronte aos recortes no ensino público, a Consellaría incrementa o financiamento extraordinario dos centros concertados.
Mentres as políticas de recortes en persoal e recursos, impostas pola Consellaría de Educación, son o día a día do Ensino público, a privada concertada ve incrementados os seus recursos cunha asignación extraordinaria que este ano se incrementa en máis dun 37% respecto da do ano pasado.
A Consellaría de Educación publicou no DOG de 28 de decembro a Orde de 16 de decembro de 2011 pola que se convocan axudas a centros privados concertados para a atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. Con esta orde, a Consellaría vai desviar un importante financiamento extraordinario aos centros concertados. Curiosamente unha partida que non sofre ningún tipo de recorte, moi ao contrario, xa que neste caso o incremento orzamentario respecto de 2011 é superior ao 37%.
| 2011 | 2012 | Incremento | Incrementoporcentual | |
| Infantil e Obrigatoria | 209298,8 € | 287534 € | 78235,2 € | 37,4 % |
| FP | 9115,5 € | 12466 € | 3350,5 € | 36,8 % |
| Total | 218414,3 € | 300000 € | 81585,7 € | 37,4 % |
Polo tanto, a subvención destinada a estes centros pode ascender este ano a 300.000 €, 50 millóns das antigas pesetas, sendo 287.534 € para os centros de Infantil, Primaria e Secundaria e 12.466 € para os de FP.
Estas contías, que deben ir destinadas a atender o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, “naqueles aspectos que non estiveran xa cubertos polo correspondente concerto educativo”, son realmente unha subvención extra, por enriba do propio concerto que teñen establecidos estes centros, ningún deles de Educación Especial. Estas subvencións permítelles a estes centros prestar servizos e contratar persoal que os centros públicos, nin sequera os de Educación Especial, poden prestar ou contratar. Estamos pois ante un caso flagrante de discriminación en favor do ensino concertado.
Os centros privados que resulten beneficiados con esta subvención van poder contratar persoal complementario co que nunca poden contar os centros públicos: logopeda, fisioterapeuta, axudante técnico educativo, traballadores/as sociais ou intérprete de linguaxe de signos. Ademais, tamén, a diferenza dos centros públicos, poderán facer fronte con esta subvención a reparacións e mantemento da adaptación das instalacións ou á adquisición de material específico.
Para a CIG-Ensino, o feito de que a Consellaría de Educación convoque este tipo de subvencións, que veñen incrementar os fondos destinados ao ensino privado, é unha provocación e un escándalo ante os continuos recortes que está a sufrir o ensino público.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



