A escritora Lucía Sánchez Meitín presenta a súa obra “Intimo sendero de magia” no Centro Cívico de Xove
Nota de prensa
Recordolles que o pasado 19 de marzo de 2011 unha rapaza de Xove de tan só 31 anos presentaba no salón de actos do Centro Cívico o seu primeiro libro titulado “Dulce Camino Espinoso”, publicado pola editorial arxentina Vestales.
Esta moza é Lucía Sánchez Meitín: unha escritora nacida en Vilachá, na parroquia de Portocelo e que a pesar da xuventude a súa traxectoria literaria con obras editadas polo concello de Xove como “A festa no aire. Tradición e lecer no Xove de antes” (2.006) e “De sol a sol. Un século de traballo en Xove” (2.010) abalan a súa profesionalidade e bo facer.
Dado o éxito de ventas que acadou e sigue acadando a día de hoxe o seu primeiro libro é para nós un pracer, dende o Departamento de Cultura do Concello de Xove, convocalos á presentación da súa segunda obra “Intimo sendero de magia”, que vai ter lugar o domingo 19 de febreiro de 2012, ás 18.00 horas, no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove.
Este libro, que está publicado baixo o seudónimo de Rita Morrigan, é de xénero histórico-romántico e está escrito en castelán dado que se vende en todo o mundo de fala hispana: Sudamérica, Estados Unidos e España.
Non podemos estar máis orgullosos de que a autora sexa do noso municipio e que faga soar o nome de Xove por todo o mundo e por iso é polo que queremos compartir con todos vostedes este acontecemento dende a Concellería de Cultura de Xove. Así, esperamos que esta veciña nosa esteña arroupada por todos nós o día da presentación desta segunda novela e desexamos que esta nova sexa do interese de todos vós, agradecendo de antemán a máxima difusión posible.
A autora estará connosco e firmará exemplares do libro, ademais de respostar a todas as cuestións que queiran formularlle.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



