O alcalde de Burela, José María González Barcia, e a concelleira de Educación, Mónica Pedre, presidiron a recepción que o Concello de Burela ofreceu aos 25 alumnos e 3 mestres de Poussan (Francia), que participan nun intercambio cos rapaces do IES Monte Castelo. A expedición francesa chegou a Burela onte e permanecerá ata o venres. O rexedor e a concelleira fixéronlles entrega dun agasallo para que coñezan mellor o municipio, as súas xentes e as súas tradicións. Rapaces e mestres estiveron acompañados polo director do centro, Marcelino Luna.
