Nota de prensa:
FERNANDO SUÁREZ REFERÍUSE HOXE AO EXCESO DE ALTURA DE CINCO EDIFICIOS DA VILA. O REXEDOR LEMBROU QUE OS EXPENDENTES SANCIONADORES E DE REPOSICIÓN DA LEGALIDADE EMPRENDIDOS FORON GAÑADOS POLO CONCELLO. E ENGADIU QUE AGORA “ESTAMOS NUNHA FASE MÁIS AVANZADA, UNHA EXECUCIÓN FORZOSA DE SENTENCIA E DE ACORDOS FIRMES QUE EVITE QUE O CONCELLO TEÑA QUE LEVAR ADIANTE ACTUACIÓNS EXECUTIVAS MÁIS DURAS”.
Ribadeo, 16 de xaneiro de 2012. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, referíuse hoxe ao exceso de altura de cinco edificios na vila. O rexedor dixo que o resultado dos expedentes sancionadores e de reposición da legalidade emprendidos no seu día foron impugnados por algúns promotores e finalmente foron gañados todos polo Concello en diferentes vías. Suárez Barcia sinalou que “agora estamos nunha fase máis avanzada, trátase dunha execución forzosa de sentencia e de acordos firmes que evite que o Concello teña que levar adiante actuacións executivas máis duras”.
O rexedor dixo que lle gustaría aclarar unha vez máis “unha serie de cuestións que saen periódicamente nos medios de comunicación a respecto dunha serie de irregularidades urbanísticas que varios edificios de Ribadeo veñen arrastrando desde hai anos”. Fernando Suárez lembrou que “desde o Concello, no seu momento, no ano 2008 aproximadamente, se iniciaron unha serie procedementos de reposición da legalidade por unha banda, e sancionador desde o punto de vista económico pola outra, tal e como recolle a propia lei do solo de Galicia, a varios edificios onde os técnicos municipais viron que o que estaba construido non se axustaba ao que os propios promotores chegaron a solicitar nin ao que o Concello de Ribadeo chegou a conceder a licencia urbanística”.
O alcalde aludía “a expedentes de obra dos anos 2004, 2005 e 2006 e que xa no 2008 se viu que non cumprían co solicitado e co que estaba outorgado por parte do Concello de Ribadeo. De aí que se abriron varios expedentes con diferentes gravidades, hai algún que afecta a unha pranta enteira que se excedeu, xa que onde se ían construir tres plantas acabaron levantando catro, ou outros onde hai uns excesos de altura, en menor de medida, pero que tamén afectan a partes que, aínda non sendo vivenda, sí que son importantes dentro do que é a estructura do propio edificio”.
Fernando Suárez indicou que “o resultado destes expedentes sancionadores e de reposición da legalidade foron impugnados por algúns dos seus promotores e finalmente foron gañados todos polo Concello de Ribadeo en diferentes vías, tanto no xulgado en Lugo, no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e un deles por unha casación do Tribunal Supremo. Entendo, non porque o diga eu senón que a propia lei o di, que o problema é exclusivamente imputado aos promotores, que son os que non se axustaron á licencia que o Concello no seu momento lles deu, e agora estamos nunha fase máis avanzada, trátase dunha execucíon forzosa de sentencias e de acordos firmes, que evite que o Concello teña que levar adiante actuacións executivas máis duras”.
Suárez Barcia cre que “é de aplicación esta moralexa que di que o que mal empeza mal acaba, e non é para nada intención do goberno municipal e do alcalde enredar en situacións desagradables para moitos dos propietarios, senón que a intención é tentar resolver estas situacións coa legalidade sempre por diante. Mentras esto non cambie esto é o que hai que facer para que finalmente o Concello poida chegar a conceder as licencias de primeira ocupación e así os seus moradores teñan as mesmas garantías que outros veciños doutros edificios sen irregularidades urbanísticas, é dicir nos que os seus promotores respectaron e edificaron xustamente o que pediron e para o que o Concello de Ribadeo no seu momento, atendendo ás normas vixentes, lle deu a licencia preceptiva urbanística”.























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



