Nota de prensa:
O BNG de Muras denuncia o descontrol na xestión económica do Concello de Muras.
Con esta nova dedicación o goberno municipal do PP suma 99.800 euros de gasto bruto ao ano sen contar dietas e outros gastos a conta dos 750 habitantes do municipio
Muras, 3 de xaneiro de 2011.
Dende o BNG de Muras denunciase o descontrol na xestión económica no Concello de Muras, logo de que no pleno do pasado xoves 29 de decembro, se aprobase outra dedicación exclusiva para o tenente de alcalde, esta ben a sumarse ás dúas existentes: (á do propio alcalde que acada unha suma de 55.000 euros anuais + gastos de dietas + desprazamentos.), a dedicación do Concelleiro encargado de gandeiria e agricultura ( 1400 euros brutos) e a que se ten aprobada para o tenente de alcalde no último pleno de (1800 euros brutos mensuais ).
Entendemos dende o BNG Muras que no contexto de crise no que nos atopamos non é de recibo que nun Concello con aprox. 750 habitantes se manteñan 3 dedicacións exclusivas, cando existen outros problemas máis graves que afectan ao Concello e que están sen solucionar.
Entendemos dende o BNG que asi preténdense calar os descontentos existentes no PP local ante a xestión do alcalde, Sr. Issam Alnagm Azzam no tema da Aldea Etnográfica, logo de ter comprado para a mesma as propiedades do propio alcalde.
Dende o BNG Muras faise un chamamento aos responsables do PP a nivel provincial para que reconduzan as decisións do Sr.Issam Alnagm Azzan, xa que nun momento coma o actual semellan surrealistas certas decisións.





















A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.



