Nota de prensa
NO PLENO ORDINARIO DO VINDEIRO LUNS A ALCALDÍA PROPORÁ DEIXAR SEN EFECTO O INCREMENTO DO IBI PREVISTO PARA ESTE ANO, QUE FORA APROBADO NUNHA SESIÓN O PASADO MES DE NOVEMBRO. A DECISIÓN VEN MOTIVADA POLA SUBA MARCADA DESDE O GOBERNO DO ESTADO PARA ESTE IMPOSTO, QUE NO CASO DE RIBADEO CHEGARÁ ATA O 10%.
Ribadeo, 12 de xaneiro de 2012. No pleno ordinario do vindeiro luns, 16 de xaneiro, a Alcaldía proporá deixar sen efecto o incremento do IBI previsto para o 2012, aprobado nunha sesión o pasado mes de novembro. A decisión ven motivada, segundo Fernando Suárez, pola suba marcada desde o goberno de Estado para este imposto que terán que aplicar todos os Concellos.
Hoxe reúnense as comisións informativas nas que se analizan os asuntos que se debatirán no pleno do luns. Suárez Barcia dixo que “no vindeiro pleno ordinario que terá lugar a semana que ven son dous os puntos máis importantes. Un deles é unha pequena modificación das bases das axudas para os áreas de rehabilitación integral tanto do casco vello de Ribadeo como de Rinlo, onde a máxima porcentaxe subvencionable pasa do 80 ao 75%, aínda que se mantén unha contía máxima de 10.000 euros por actuación. É algo que ven dado por unha disposición autonómica e non nos queda outra que aceptar”.
O alcalde explicou que “a cuestión máis importante é unha proposta da Alcaldía de revocación dun acordo do último pleno ordinario onde propuxemos o incremento do IPC no IBI (imposto de bens inmobles) deste 2012. Naquela sesión plantexamos esa suba do 3’8%, pero agora queremos deixar sen efecto este acordo porque sobre o IBI lexislou o goberno do Estado hai moi poucos días. Trátase dunha modificación legal de carácter obrigatorio para os Concellos pola que vai subir o IBI en concellos coma o noso, no que temos unha ponencia catastral moi antiga, un 10%”.
Suárez Barcia subliñou que “non queremos gravar en demasía e non queremos xunto co incremento obrigatorio por parte do Estado do 10% acumular o noso 3’8%. Deixaremos sen efecto a nosa suba, que era moito máis comedida, moito máis simple e agora aplicaremos, como o resto dos Concellos, o que nos obrigan desde o goberno do Estado. Como non queremos que sexan acumulativas as dúas subas revocamos o noso acordo para aplicar só o que nos marca o goberno do Estado”.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



