Nota de prensa
O CONCELLO ENVÍA REQUERIMENTOS AOS DONOS DE FINCAS QUE DAN ÁS VÍAS PÚBLICAS PARA QUE AS ADECENTEN E AS PECHEN. OS MUROS TERÁN QUE ESTAR ENFOSCADOS E PINTADOS OU PODERÁN SER DE BLOQUE DE COR. FERNANDO SUÁREZ QUERE ACABAR COS PROBLEMAS DE ORNATO E DE ABANDONO QUE PRESENTAN MOITAS PROPIEDADES.
Ribadeo, 10 de xaneiro de 2012. O Concello de Ribadeo envía requerimentos aos propietarios de fincas que dan ás vías públicas para que as adecenten e as pechen con muros de ladrillo, enfoscados e pintados ou con bloque de cor. O alcalde, Fernando Suárez, fai extensivos eses avisos aos propietarios de baixos que se atopan en ladrillo.
O rexedor lembrou hoxe que “hai xa tempo que desde o Concello de Ribadeo nos vimos referindo a estes requerimentos que facemos a diversos propietarios de leiras, de solares ou de vivendas, tanto na zona urbana como na rural, que os teñen desatendidos e sempre atendendo aos principios de seguridade pública, salubridade ou ornato lles requerimos, baixo pena de que senon o fan poden ser sancionados, que os teñan en condicións óptimas para evitar perigos públicos”.
Suárez Barcia considera que “isto é algo que está dando bastante bó resultado porque a xente, ao fin e ao cabo, non quere ter ningún problema e acaba accedendo ao que nós, de boa fé, lles estamos a pedir”.
O alcalde ribadense anunciou que “agora queremos abrir outro novo frente, trátase de pedirlles dunha maneira firme e seria a todos aqueles propietarios que teñan propiedades no ámbito urbano que dean a vías públicas que deben telas pechadas. Teñen que ter un muro, ben de ladrillo, enfoscado e pintado ou ben que sexa de bloque de cor. Nestes días están a saír desde o Concello unha ducia de requerimentos a diversos propietarios para que procedan a solicitar autorización municipal para pechar eses solares que dan á vía pública co fin de evitar así os problemas de ornato e de abandono que se ven. Ningunha vila moderna ou país europeo que se precie poden estar ao bravo como están moitas veces”.
Fernando Suárez subliña que “os propietarios terán que pechar esas fincas, eses solares, atendendo aos criterios técnicos que se lles darán desde a oficina municipal técnica, pero os muros terán que estar enfoscados e pintados ou terán que recurrir a muros de bloque de cor. Tamén moitos baixos que están de ladrillo visto terán que estar enfoscados e pintados para vivir nunha vila moderna e non nun lugar propio de modelos caducos que non deben estar vixentes hoxe en día. Seguramente o conxunto da cidadanía o verá ben e a xente que nos visite verá unha vila atractiva como se merece”.






















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



