Nota de prensa
BURELA CONTARÁ CUNHA ORDENANZA REGULADORA DAS TARXETAS DE ESTACIONAMENTO PARA FACILITAR O DESPRAZAMENTO DAS PERSOAS CON MOVILIDADE REDUCIDA. ÉSTE SERÁ UN DOS ASUNTOS QUE SE DEBATIRÁN NO PLENO ORDINARIO DESTA TARDE.
Burela, 26 de xaneiro de 2012. Ás oito da tarde dará comezo no Concello de Burela unha sesión plenaria ordinaria na que se someterán a aprobación inicial, se procede, a modificación da ordenanza reguladora da taxa pola prestación de servizos en instalacións deportivas municipais e a ordenanza reguladora das tarxetas de estacionamento. Tamén se someterá a aprobación a I Plan Municipal de Integración de Inmigrantes.
Non será de aplicación a taxa reguladora pola prestación de servizos en instalacións deportivas municipais nos seguintes supostos: con ocasión de actos, cursos, cursillos, escolas deportivas municipais, cértames, trofeos e festexos organizados polo propio Concello ou por éste en colaboración con clubes ou asociacións deportivas do municipio; nos partidos, torneos ou competicións deportivas de carácter oficial, suxeitos a competicións federadas e os entrenamentos necesarios para a celebración dos mesmos e con ocasión, de actos, cursos, cursillos, festexos ou outras actividades organizados por fundacións ou asociacións que teñan por obxecto a promoción e difusión de actividades dirixidas a integración social, familiar, escolar e laboral de persoas con discapacidade física, intelectual e/ou sensorial orientadas a mellorar a súa calidade de vida.
Segundo recolle a propia ordenanza son suxeitos pasivos da presente taxa as persoas físicas ou xurídicas, calquera que sexa a súa clase, que utilicen ou disfruten as instalacións deportivas, culturais e de ocio de carácter municipal.A cota que se abonará polo uso dos campos de fútbol de A Marosa serán de 20 euros/hora; polo uso das pistas de pádel de A Marosa 5 euros/hora e polo uso das pitas de tenis 3 euros/hora. No caso dos pavillóns Vista Alegre, Os Castros e dos Institutos para a celebración de partidos, torneos ou competicións deportivas de carácter local non oficial a taxa será de 10 euros /hora. Cando o uso sexa de asocicións culturais, deportivas e xuvenís, colectivos ou outros particulares e a prestación do servizo se realice para o desenrolo das actividades que constitúe o obxecto dos seus estatutos sociais e redunde no beneficio da comunidade a taxa será de 15 euros/hora. Cando o uso das instacións sexa para fins non lucrativos abonaránse 20 euros/ hora e cando sexa para fins lucrativos pagaránse 300 euros por dia de utilización.
A concelleira de Servizos Sociais, Igualdade, Muller e Sanidade, Diana Durán, lembrou que o I Plan Municipal de Integración de Inmigrantes consta de tres grandes fases: diagnose, planificación e elaboración, e divulgación. Os obxectivos pasan “por favorecer a integración de persoas inmigrantes e fomentar a convivencia de persoas de distinta procedencia e cultura que residen en Burela”. Segundo o censo de poboación do Concello en Burela residen 1.234 extranxeiros e conviven un total de 37 nacionalidades. Destacan 411 cidadáns procedentes de Cabo Verde, 202 de Perú, 155 de Portugal, 117 de Indonesia, 58 de Colombia, 56 de Brasil, 39 de Marrocos, 38 de Senegal e 25 de Uruguai. Durán indicou que “o que persegue este plan é previr conductas discriminatorias, racistas e xenófobas e sensibilizar á poboación en xeral”.
Burela contará cunha ordenanza reguladora das tarxetas de estacionamento. “Ésta era unha das preocupacións do equipo de goberno. Queremos así facilitar o desprazamento de persoas con movilidade reducida en Burela; regularizar a concesión de tarxetas de estacionamento e regular a creación de prazas, reservas de aparcamento e estacionamento para estas persoas”, explicou Diana Durán. A concelleira de Servizos Sociais subliñou que “desde que chegou o PP ao Concello víronse incrementadas notablemente o número de prazas reservadas a este colectivo. Está claro que hai que regulalas e quixémolo plasmar nunha ordenanza reguladora”.
Durán indicou que “o equipo de goberno se comprometeu, e así o está a facer, a apoiar aos colectivos con necesidades específicas”. E engadiu que “para elaborar esta ordenanza se mantiveron reunións e se contou coa opinión de colectivos coma Cogami A Mariña, entre outros”.




















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



