Nota de prensa:
Xornada de Observación das Aves “ZEPA Ribadeo”
Aínda que moitos de nós admiremos a nosa ría simplemente pola súa beleza é bo saber que, a maiores, esta lingua de mar que se achega até Abres ten tamén un extraordinario valor ecolóxico. Esta calidade ambiental converteu a ría nun refuxio ideal para multitude de aves que, procedentes do norte de Europa, veñen polo inverno fuxindo do frío daquelas latitudes. O número e diversidade das mesmas fixo que a ría de Ribadeo estea clasificada como Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) e incluída dentro da lista de humidais protexidos polo Convenio Internacional de Ramsar.
Co obxectivo de dar a coñecer a importancia do que temos, sensibilizar sobre a necesidade da súa protección e achegar a base inicial precisa para comezar a gozar do noso contorno, e aproveitando que o vindeiro día 2 de febreiro se celebra o Día Mundial dos Humidais, os días 27 e 29 de xaneiro imos celebrar unhas xornadas de introdución á observación das aves.
As Xornadas constarán dunha charla sobre a relevancia ecolóxica da nosa ría e da súa protección, a cargo de D. Pablo Ramil Rego, Vicerreitor de Investigación da Universidade de Santiago e ex-Director do Instituto de Biodiversidade e Desenvolvemento Rural e, e unha visita de iniciación á observación das aves polo contorno da ría conducida polos ornitólogos locais Enrique Sampedro e Pablo Fernández.
Data e lugar:
– Charla: “Os humidais de Galiza: a ría de Ribadeo”, por D. Pablo Ramil Rego, Venres 27 ás 20:30 na Casa das Letras
– Visita: Domingo 29 as 10:00 na Oficina de Turismo (prazas limitadas, inscrición por orde de chamada na Oficina de Turismo 982 128 689).
As Concellerías de Medio Ambiente e Turismo de Ribadeo xuntámonos para promover unha nova forma de aproveitamento do noso contorno, compatible co mantemento dos valores naturais, co valor engadido de coincidir o máximo interese ornitolóxico nun período de afluencia de visitantes habitualmente baixa.




















Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.



