EN BURELA DERON COMEZO AS OBRAS DE REPOSICIÓN DA REDE DE SANEAMENTO NA RÚA PARDO BAZÁN, ENTRE EIJO GARAY E CURROS ENRÍQUEZ. OS TRABALLOS, QUE SUPORÁN UN INVESTIMENTO DE MÁIS DE 42.000 EUROS, FORON SUPERVISADOS ESTA MAÑÁ POR GONZÁLEZ BARCIA E FERNÁNDEZ VALLE.
Burela, 24 de xaneiro de 2012. En Burela deron comezo as obras de reposición da rede de saneamento na rúa Pardo Bazán, entre Eijo Garay e Curros Enríquez. O prazo de execución é dun mes e o presuposto ascende a 42.600 euros. Os traballos foron supervisados esta mañá polo alcalde, José María González Barcia, e polo concelleiro de Obras, Manuel Fernández Valle.
O rexedor indicou que “agora mesmo estábamos a ter bastantes problemas porque esta rede tiña moi pouco caudal, era un tubo estreito, e iso estaba a ocasionar dificultades tanto nos sumidoiros como nos entronques de certos edificios coa propia rede. Óptase por substituir prácticamente toda a rede de alcantarillado na parte da beirarrúa da Casa da Cultura e en boa parte da beirrarúa de enfrente. Ao mesmo tempo se acondicionan os pozos existentes, se repoñerán os entronques e o pavimento á súa situación orixinal”.
O presuposto da obra é de 42.600 euros e está incluída dentro do POS (Plan de Obras e Servizos) de 2011 da Deputación Provincial de Lugo. O prazo de execución é dun mes, “co que agardamos que a finais de febreiro as obras estean rematadas”, dixo González Barcia.
O alcalde lembrou que “se trata dunha obra que é continuidade das actuacións que xa se fixeran no seu momento vinculadas coa mellora da rede de saneamento. Na propia rúa Pardo Bazán nun tramo a continuación do parque xa no seu día se acometeron traballos importantes e nesa liña imos continuar, é decir, naquelas zonas que vexamos algún tipo de problema co alcantarillado tentar substituilo para que o servizo sexa o mellor posible e evitar problemas coma os que se estaban a producir en Pardo Bazán ata agora”.























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



