Nota de prensa
O pasado domingo dia 5 de febreiro o Club Ciclista Burela organizóu a VII Marcha en BTT de Burela, na mesma participaron 243 ciclistas chegados de muy distintos lugares de Galicia, Asturias e León.
Este ano fixemos unha recollida de alimentos non perecedeiros que foron entregados a Cáritas para poder axudar un pouco a aquélas familias que máis necesidades están pasando coa crise. Queremos agradecer a tódolos participantes a súa colaboración nesta tarefa.
A saída fíxose as 9:30 horas como estaba previsto e antes da saída gardamos un minuto de silencio na honra de Rodrigo Maseda recentemente falecido, a proba trancurreu sen incidencias salientables, algunha caida sen importancia e as averias de costume neste tipo de probas.
Tódolos anos facemos un percorrido distinto buscando novidades que satisfaigan os participantes e este ano fixemos un sendeiro dende as antenas do monte Castelo ata a mesma variante que fói moi ben acollido por tódolos ciclistas, é un sendeiro moi técnico e non rápido o que fái que o ciclista durante os 3 km. que ten non poida perder a concentración e asemesmo a velocidade non é alta o que o fái máis seguro e divertido.
O remate e despóis de lavar as bicis e darse unha ducha, tódolos ciclistas e acompañantes asi como os membros do Club organizador disfrutamos dun xantar no mesmo pavillón dende donde se dera a saída.
A organización está moi satisfeita de cómo se desenrolóu todo, o número de participantes foi en aumento con relación o ano pasado chegando a cotas de participación impensables fái uns anos cando escomenzamos a organizar as marchas de btt.
Queremos dar as gracias a tódolos participantes por vir a esta Marcha e polo comportamento de repeto a natureza non tirando lixo nos camiños.
Agradecer muy especialmente os colaboradores: Concello de Burela, Protección Civil, Policia Local e as empresas colaboradoras como son Burelarte, Alcoa e Burelabikes.