Nota de prensa:
A Deputación paga nun tempo récord de 2 meses as obras do Plan de Comunidades Veciñais
– A Xunta de Goberno aprobou novas contas xustificativas, supoñendo que a institución leve aboadas 250 obras, que representan o 85% do total e un investimento de 2 millón de euros
– Martínez avanza que se está á espera da xustificación de 10 traballos, ó tempo que xa se están a tramitar as 32 restantes, liquidando este Plan 3 meses antes co ano pasado
– O organismo provincial reducirá o pago ós proveedores en 10 días, situándo nos 25, coa implantación da factura electrónica que está a realizar con fondos europeos do Innova-TE
– Con 35 días, a Deputación xa se sitúe á cabeza das administracións que menos tardan no proceso de pagamento, incluso por diante da Xunta, cuxo prazo de pago é de 39 días
O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, avanzou este venres que a Deputación está a pagar nun tempo récord de tan só 2 meses as obras do Plan de Comunidades Veciñais para 2011. Martínez explicou que, logo de que as asociacións rematasen a finais de decembro a execución das 292 actuacións que contempla esta iniciativa, a institución xa aboou 250, é dicir, o 85% das mesmas. Isto supón, un investimento por parte do organismo provincial de 2 millóns de euros, dos 2,3 millóns de euros que achega en total. “Nunca se pagou con tanta axilidade. Cando chegamos ó Goberno, tivemos que liquidar obras de ata 2004”, remarcou.
O Deputado avanzou que a institución está á espera de recibir a xustificación doutros 10 traballos mentres está a tramitar os 32 restantes, que se levarán ás vindeiras Xuntas de Goberno, saldando este Plan. Precisamente, na sesión de hoxe acordáronse as contas xustificativas de 13 actuacións levadas a cabo en 9 Concellos, concretamente en Bóveda, Láncara, Pantón, O Páramo, Pobra do Brollón, Triacastela, O Vicedo, Vilalba e Xermade, por valor de 125.261 euros, dos que a Deputación achegou 92.580 euros, é dicir, case o 75%, que é o máximo permitido segundo as bases que rexen este proxecto.
Reducción do pago en 3 meses
As obras do Plan de Comunidades Veciñais para 2011 concedéronse no mes de abril e leváronse a cabo en 8 meses, finalizando, concretamente, a 31 de decembro, data na que os colectivos presentaron a xustificación destes traballos. A partir de entón, a Deputación puido iniciar o pago das subvencións, realizado practicamente en 2 meses. Isto supón unha reducción no prazo de 3 meses con respecto á anterior convocatoria. Abastecementos de auga potable, saneamentos e pavimentacións, redes de sumidoiros, alumeados público ou acondicionamento de camiños rurais, foron os traballos executados en 65 Concellos da provincia, todos agás Rábade que non solicitou axudas. O orzamento total destas actuacións foi de 3,4 millóns de euros, dos que a Deputación achegou o 67,6%; é dicir, 2,3 millóns, e as asociacións veciñais, o 29% restante, 1 millón de euros.
Só 25 días
A Deputación xa contratou con fondos que a Unión Europea concedeu ó Innova-TE o programa E-Fácil, que permitirá a implantación da factura electrónica tanto no institución como en todos os Concellos que decidan sumarse a este proxecto. Isto permitirá, no caso do organismo provincial, reducir en 10 días o prazo de pago ós proveedores, principalmente PEMES e autónomos, situándo nos 25. A boa xestión levada a cabo nos últimos catro anos permitiu que hoxe en día, a Deputación de Lugo se sitúe á cabeza das administracións que menos tardan no proceso de pagamento, incluso por diante da Xunta, cuxo prazo de pago é de 39 días. Dende 2008 pasouse de pagar nun prazo de 88 días en outubro de 2008 -case 3 meses- a 33/35 días en 2011, anticipándose incluso ós prazos fixados pola Lei contra a morosidade de 2010 que obriga a que as administracións paguen ós proveedores en 50 días. Polo que respecta ás outras Deputacións, a de Pontevedra estao a facer en 60 días -2 meses-, a de Ourense en 120 -4 meses-, e a de Coruña en 32 días.























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



