Nota de prensa
Os bos rexistros de palanadores participantes nos abertos de billarda da conferencia NorLeste da LNB, non se viron alterados no derradeiro finde polas ameazas de intenso frio, polo contrario, o sábado dia 4 en Meira poidemos disfrutar dos raios do sol e de unha agradable temperatura que nos permitiu a disputa do “III aberto do Lacón” en terrero aberto. A parte de atrás da praza do convento foi o lugar donde se montaron as dúas pistas de xogo habituais que permitiron un discurrir axil e vistoso das carreiras.
Cincoenta e catro participantes desta volta, dos que doce eran donas, se citaron para a disputa da pata do porco. Foi esta unha xornada na que os homes se tomaron cumplida venganza da aldraxe sufrida en Castro de Riberas de Lea e reclamaron para sí a hexemonía no xogo da billarda copando os postos de honra no podio.
Boa xornada para o Spartak de Muimenta que comandados por Charli e ca incorporación de novos valores nomeadamente Tino e Miguel dan un salto de calidade e acadan a súa máxima puntuación nun aberto.
Outra das sorpresas agradables da tempada, os Troitas Bravas de A Pontenova, seguen na estela dos Remourelle Bulls os que nas tres derradeiras xornadas foron quen de lles recortar doce puntos na loita polo terceiro posto. Terceiro posto que abandoan os Batea moi mermados de efectivos nesta xornada.
Pola súa parte os tropa lixeira (“M de Meira”), seguen turrando cara arriba, conseguiron por equipos a segunda máxima puntuación e o seu capitan Nacho fixo pleno quedando 2º no desempate final por trás do intratable Markytos.
Discreta actuación do resto dos equipos, Ekipa-Bitere, Pau de toxo, Cadaval, Madia leva e Corredoira. Tamen Os Outros estiveron floxos e abandoan a cabeza da táboa en favor dos trunfadores da xornada. Os Billardeiros Musicais pasaron como verdadeiro tsunami arrasando no seu paso toda a serra de Meira e malia os enfrentamentos directos que o sorteo lles deparou nesta ocasión, non deron trégola os rivais. A volta o equipo de xente que tiñan de baixa notouse favorablemente no seo xogo. Algúns por malmeter dixeron que Julio xogaba con dous paláns, mais non é certo, so fixo uso dun palán, o outro e un caxato no que se apoia por mor do xeonllo mancado.
Como equipo os Billardeiros Musicais bateron rexistro de puntos nunha xornada (35 de 40 posibles). Markytos e Julio conseguiron pleno, quedando en primeiro e terceiro lugar respectivamente, o que convirte o subcampion nacional Markytos no novo lider con tres puntos de vantaxe sobre Reyes.
Soamente foron superados no apartado de varados, no que Eric de Os Outros conseguiu facer dous e polos Billardeiros Daniel so fixo un.
Os premios repartironse desta maneira:
Un queixo San Simón da Costa para o mellor equipo, os Billardeiros Musicais
Un queixo San Simón da Costa para o 3º, Julio dos Billardeiros Musicais.
Un queixo San Simón da Costa e xogo de palan-billarda gravado para o 2º, Nacho de M de Meira.
Un Lacón e monteira de Campión para o 1º, Markytos dos Billardeiros Musicais.
Daquela a clasificación queda c omo segue:
Por equipos, Billardeiros Musicais son primeiros con 214 puntos, Os Outros segundos con 211 puntos e Remourelle Bulls terceiros con 176 puntos.
En individuais trocan posto de novo Markytos e Reyes.
Markytos 59 puntos. Reyes 57 puntos. Daniel, Eric e Guille 54 puntos.
En varados tamen hai troco na cabeza: Eric 7, Guille 6, Charli 5, Markytos 3 e con 2 varados estan Daniel, Ivan, Luis, Manolo e Xan Rodiño.
Deixamos constancia de que O tsunami dos Billardeiros trasladouse o domingo a Coruña donde Daniel e Franco quedaron 1º e 2º na 7ª xornada da conferencia Noroeste disputada en Vilaboa-Culleredo.




















A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.
