Nota de prensa 1/2
Cinthya Valeska Astorga López, estudante de 2º do Ciclo Medio de Servizos do IES de Foz foi a gañadora do V Campionato Internacional de Baristas das Escolas de Hostelería. Durante toda a mañá os representantes das Escolas de Hostelería de Galicia, Cantabria, Asturias e Portugal tiveron 15 minutos para preparar catro expressos, catro capuccinos arte (expresso ao que se lle engade leite emulsionado), catro bebidas fantasía sen alcohol (bebida de creación propia, que ten como base o expresso, e á que se lle poden engadir os ingredientes e aditivos que se desexe). A gañadora realizou nesta última proba unha bebida baseada na tarta de Mondoñedo, utilizando como ingredientes a améndoa e o cabelo de anxo.
Nota de prensa 2/2
Gómez Besteiro clausura o V Campionato Internacional de Baristas de Escolas de Hostalería organizado polo IES de Foz
– O Presidente destacou a aposta do instituto mariñano por unha especialidade profesional que “aumenta as posibilidades de inserción laboral” no sector servizos, ó que se dedican o 70% das empresas radicadas na comarca
– A Deputación, a través da Fundación TIC, contribúe á difusión dos certames de baristas que promove o centro educativo focense dende a súa primeira edición
O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, participou este martes, xunto ó alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, na clausura do V Campionato Internacional de Baristas de Escolas de Hostalería que acolleu o IES de Foz, un acto no que fixo entrega do primeiro premio do certame. O Presidente destacou “a gran labor” que desenvolve o instituto focense por promocionar unha especialidade profesional, “a arte de preparar cafés”, que se está revelando “como unha alternativa que aumenta as posibilidades de inserción laboral”. Subliñou neste senso que a Deputación comparte a aposta do centro educativo, “porque sabemos que o sector servizos é estratéxico na Mariña, pois, das máis de 5.000 empresas radicadas na comarca, o 70% dedícanse a esta actividade, e porque a formación especializada e a profesionalización da hostalería é unha das fórmulas para reducilo desemprego”.
De feito, o organismo provincial, a través da Fundación TIC, colabora na difusión dos campionatos de baristas que organiza o IES dende a súa primeira edición. Este ano, ó igual que nos anteriores, os alumnos do segundo curso dos ciclos de Produción e Realización da Escola de Imaxe e Son (EIS) da Fundación TIC realizarán a gravación íntegra de ambos os dous certames –Campionato Internacional de Baristas de Escolas de Hostalería e Campionato de Baristas Rexión Noroeste SCAE-, o que permite a reprodución simultánea das demostracións dos participantes nunha pantalla. Posteriormente, os estudantes da Escola de Imaxe editarán un DVD, que se entregará ós responsables do IES de Foz para divulgalos eventos.
Trala celebración hoxe do Campionato Internacional de Baristas -no que participaron 15 escolas de hostalería de Galicia, Asturias, Cantabria e Portugal- mañá terá lugar o IV Campionato de Baristas da Rexión Noroeste SCAE (Asociación Europea de Cafés Especiais) de España, na que se darán cita 12 profesionais da hostalería de todo o país. Ó igual ca hoxe, haberá demostracións de Latte Art –deseños creados na superficie de cafés expresos- a cargo de ex alumnos do IES de Foz e degustacións de café gratuítas.





















Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.
A última xornada tivo lugar o sábado 7 de marzo no Local Social, coa disputa da final entre as dúas parellas clasificadas. A continuación celebrouse a tradicional cea e a entrega de premios ás tres primeiras parellas. Os equipos gañadores foron: 1º posto: Carlos e Toñito. 2º posto: Eladio e Santi. 3º posto: Tomás e Demetrio. A Xunta Directiva agradece a excelente acollida desta edición e expresa o seu desexo de seguir contando coa participación de todos nas vindeiras convocatorias.



