Nota de prensa
FERNANDO SUÁREZ LEMBRA QUE O CONCELLO PUXO A DISPOSICIÓN DA XUNTA HAI ANOS O TERREO NO QUE SE LEVANTARON AS 29 VIVENDAS QUE SERÁN ENTREGADAS O VINDEIRO VENRES. O REXEDOR SUBLIÑOU QUE “DA COLABORACIÓN ENTRE INSTITUCIÓNS SON BENEFICIARIOS OS VECIÑOS DE RIBADEO”.
Ribadeo, 22 de febreiro de 2012. O salón de plenos do Concello de Ribadeo acollerá o vindeiro venres, 24 de febreiro, o acto de entrega de 29 vivendas de promoción pública aos seus adxudicatarios. Será nun acto previsto para as 10:30 horas.
O alcalde, Fernando Suárez, sinalou que “por fin despois de moito tempo, de moitos anos de traballo, 29 familias verán colmado o seu soño de ter unha vivenda de protección oficial”. O rexedor lembrou “o traballo realizado polo Concello, que hai anos puxo a disposición do goberno galego os terreos necesarios para proceder a esta construcción. O bipartito na Xunta acolleu de bó grao a nosa proposta e levou adiante o proxecto licitando unhas obras moi importantes para Ribadeo. Agora estamos xa na fase final”.
Suárez Barcia déulle os parabéns do Concello a todas as familias, “desexo que estas vivendas lles resolvan unha situación complicada, sobre todo a día de hoxe”. O alcalde tivo palabras de agradecemento para a actual Xunta “porque acolleu con interés os trámites realizados polos seus antecesores para chegar agora á entrega do lote destas 29 vivendas”. Fernando Suárez subliñou que “da colaboración entre institucións son beneficiarios os veciños, neste caso, de Ribadeo”.
Ao acto do vindeiro venres acudirán o Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, Agustín Hernández; a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias; o director xeral do IGVS, Antonio Boné; o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez; e membros da Corporación Municipal.






















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



