A Xunta, ausente na defensa dos Fondos Europeos
No voto crucial da Comisión de Política Territorial, o Goberno galego só foi capaz de facer unha proposta de 200 presentadas. Andalucía e Castela e León, moito máis activas que Galicia.
Por Galicia Confidencial | Bruxelas | 26/02/2012
A falta total de contribución galega contradí a versión da Xunta que a súa prioridade é manter os fondos europeos para Galicia. Pouco máis duha semana despois de que a Xunta estivera desaparecida no voto sobre a reforma da Política Común de Pesca, agora resulta que na reunión da Comisión de Política Territorial do Comité das Rexións, da que Galicia é membro, só fixo unha proposta de enmenda das 200 presentadas. ( . . . )