O Observatorio celebra o seu cuarto aniversario de andaina feminista e o Día Internacional das Mulleres con diversos actividades durante o mes de marzo
O primeiro acto terá lugar o próximo 1 de marzo, coa presentación do libro “Cartografías do derrubo” de Carme Adán, no que se aproveitará para reflexionar sobre xornalismo, política e mulleres
O próximo 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, o Observatorio celebrará o seu cuarto aniversario de andaina feminista pola Mariña de Lugo. Nestes catro anos de traballo, leváronse a cabo numerosas actividades nas distintas localidades mariñás, sempre pensadas en prol da igualdade. Charlas café desde un punto de vista de xénero sobre temas de actualidade, video-forums para coñecer a situación das mulleres doutras culturas e para visibilizar o traballo das directoras de cinema, campaña e proxectos cos IES mariñás para previr a violencia de xénero no alumnado de secundaria, cursos de fotografía dixital,o concerto Músicas e letras en feminino, para valorar o traballo das artistas da zona, diversas campañas informativas, denuncias públicas, etc.
Entre as actividades que se levarán a cabo o próximo mes de marzo, enmarcadas todas na celebración do 8 de marzo – Día Internacional das Mulleres – cabe destacar a presentación do último libro de Carme Adán “Cartografías do derrubo. Escribir ao xornal”, que terá lugar o próximo día 1, ás 20.00h, na Casa das Letras de Ribadeo. O acto, que servirá tamén para facer unha reflexión conxunta sobre xornalismo, política e mulleres, contará coa presenza de Carme Adán (autora do libro), Mari Luz Älvarez Lastra (Concelleira de Igualdade e Cultura do Concello de Ribadeo), Luísa González (Presidenta do Observatorio da Mariña pola Igualdade), Lucía L. Bayo (xornalista) e Xavier Paz (director editorial de Difusora de Letras, Artes e Ideas).
Cómpre destacar tamén, entre as actividades que o Observatorio levará a cabo durante o mes de marzo:
– Homenaxe ás mariscadoras de Rinlo, o 10 de marzo, no que intervirá Adela Figueroa, escritora, e Celsa Sánchez, ilustradora.
– Campaña de información e difusión pola Mariña da nova normativa, que entrou en vigor o pasado 1 de xaneiro, do réxime das traballadoras do fogar.
– Participación na campaña nacional do 8 do marzo “Mulleres galegas, en loita polos nosos dereitos”, convocada por diversos colectivos de Galiza, e que terá o seu punto central na manifestación prevista en Santiago de Compostela para o domingo 11 de marzo.























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



