Nota de prensa
Os populares queren contribuír a mellorar a normativa estatal logo do compromiso do novo ministro que anunciou que promovería a súa reforma
O GRUPO POPULAR PRESENTA UNHA PROPOSTA PARA QUE NA MODIFICACIÓN DA LEI DE COSTAS SE RECOÑEZAN OS NÚCLEOS RURAIS TRADICIONAIS DO LITORAL GALEGO
Balseiro lembra que a aplicación da lei actual xerou importantes prexuízos en Galicia onde existen multitude de asentamentos nacidos ao abeiro da actividade mariñeira e nunha liña moi próxima á costa.
A Lei estatal incluso chega a impor severas restricións a calquera reforma nas casas que conforman devanditos núcleos, e que ata o momento traducíronse nunha choiva de multas a centos de veciños e expedientes de demolición.
A Mariña lucense, 24 de febreiro de 2012.- O deputado Jose Manuel Balseiro, anunciou que o vindeiro pleno do Parlamento de Galicia abordará unha iniciativa -promovida polo Partido Popular – a través da que se insta á Xunta para que se dirixa ao Ministerio de Medio Ambiente co fin de que ante a anunciada reforma da Lei de Costas “se dea solución ao recoñecemento dos núcleos rurais tradicionais e asentamentos do litoral galego”, moitos dos que, tamén poden verse na Mariña lucense.
Os populares queren contribuír a mellorar esta normativa estatal tras o anuncio efectuado polo novo ministro, Miguel Arias Cañete, no que adiantaba a posibilidade de acometer unha reforma da Lei de Costas, “unha norma do ano 1988 que tende a protexer e por en valor o litoral pero que na súa formulación actual, provoca múltiples prexuízos ao non contemplar un fenómeno netamente galego, como son os asentamentos rurais.
Mentres que a lexislación urbanística galega si recoñece os tradicionais asentamentos nacidos ao abeiro da actividade mariñeira e nunha liña moi próxima á costa, non pasa o mesmo coa Lei estatal, que incluso chega a impor severas restricións a calquera reforma nas casas que conforman devanditos núcleos, e que ata o momento traducíronse nunha choiva de multas sobre centos de veciños e expedientes de demolición.
MÁIS SEGURIDADE XURÍDICA
A maiores esta modificación da Lei de Costas “tamén permitiría dar seguridade e garantías xurídicas aos cidadáns que teñen bens afectados polos deslindes, ao recoñecer a todos aqueles cidadáns que actuaron de boa fe ou ao amparo de actos administrativos (licenza de obra ou sentenza xudicial firme) a posibilidade de que o Estado lles outorgue unha concesión de uso por 30 anos ou, no caso de que a Administración decida exercer o dereito de facerse titular dese ben, se faga cargo das cargas hipotecarias que teña o cidadán”, apuntou Balseiro.
O deputado popular explicou que esta modificación “permitiría adaptar a normativa, desde o escrupuloso respecto ambiental, á realidade xeográfica da comunidade galega”, feito que desde o Partido Popular “temos pedido en numerosas ocasións en defensa du feito diferencial e singular da comunidade galega, como é a existencia de núcleos rurais e a súa relación simbiótica co medio mariño”, concluíu Balseiro



















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



