Nota de prensa
No Pleno celebrado onte en Foz o Grupo Municipal do PSdG-PSOE de Foz, sacou adiante as dúas mocións presentadas e contribuíu a aprobación das demais presentadas pola oposición.
A Mocións de UNIFOZ, unha para pedir a Deputación colaboración de cara a dotar os Centro Sociais das Parroquias de conexión a internet, equipos e formación en novas tecnoloxías foi aprobada por unanimidade do Pleno; e outra para constituír una comisión especial de suxerencias e reclamacións de participación dos veciños en defensa dos seus dereitos e con representación de tódolos Grupos Municipais. Aprobouse cos votos afirmativos de PSOE, UNIFOZ e BNG. O PP, Abstención.
As mocións presentadas polo BNG, a primeira para declarar o 24 de Febreiro o Día de Rosalía de Castro en Foz, foi aprobada por unanimidade, a segunda sobre o lamentable estado da N-642 o seu paso por Foz, tamén foi aprobada por unanimidade; a moción para instara Xunta de Galicia a que mellore a oferta dos Cursos CELGA, potenciándoos e pedindo que non os elimine, incluído tamén o mundo da emigración, aprobada por unanimidade, e a moción presentada para o apoio a iniciativa lexislativa popular para a defensa e promoción da Sanidade Pública en Galicia, foi aprobada cos votos afirmativos de PSOE, UNIFOZ e BNG o PP votou en contra. A moción Moción do BNG sobre 8 de marzo” DIA DA MULLER TRABALLADORA” Votación.-PSOE, UNIFOZ e BNG.-SI. PP.-NON.
A moción presentada polo PP para instar a Deputación ao arranxo da estrada de titularidade provincial, LU-210. “A Seara -San Acisclo foi aprobada por unanimidade.
Moción do PSOE para pedir a Consellería de Medio-Ambiente e Medio Rural e Mariño que se acometa unha limpeza integral e Medioambiental da Ría de Foz foi aprobada por unanimidade.
A Moción de Urxencia presentada polo PSOE, sobre a retirada da reforma laboral e volver a mesa de negociación, Sindicatos , Patronal e Goberno, e neste punto o Portavoz Socialista incidiu que a reforma e lesiva para os traballadores e traballadoras de este Pais e que non suporá a creación de mais emprego porque afogará o consumo, a maiores considerou que se debería de perseguir o fraude fiscal dos grandes empresarios e as súas tributacións fora do noso Pais, así como vixiar ás grandes fortunas para que tributen polo que realmente gañan e fagan uso de certos escapes na legalidade vixente. O PP non quixo saber nada e manifesta que a reforma está ben. A votación foi a favor polos grupos municipais PSOE, UNIFOZ e BNG, o PP votou non.
A maiores votouse unha modificación de crédito que foi aprobada por tódolos grupos en consenso para sacar da partida de festexos, 20.000 euros e destinalos a Axudas Sociais.
No apartado de rogos o PSOE pide o Sr Alcalde que non se faga demagoxia cando os veciños denuncian anomalías. Lembroulle o Sr Castiñeira que xa en múltiples ocasións se lle dixo que as Praias estaban nun estado lamentable e debíanse de atender periodicamente, o PSOE díxolle claramente o rexedor que se encendeu a voz de alarma e que se poña as pilas.
O segundo rogo, foi que, por favor, os letreiros de sinalización da nosa Vila e parroquias se repoñan, que non se saquen si estan deteriorados e se olviden, son informativos e marcan destinos claves do noso Concello, asi mesmo se deu parte de que fronte a Quinta, no paseo da Rapadoira, hai un letreiro que necesita ser cambiado.
O terceiro rogo foi para pedir que se faga una campaña de desratización no noso Concello, sobre todo na zona da Ribeira antiga confraría de pescadores.
Os socialistas non sabemos nada das propostas presentadas sobre, a valla das fontes de Ribela que están tiradas desde fai tempo cando se foi desbrozar. O bache da subida a Cabanas en Nois que segue sen reparar.Do cadro de Luz para dar suministro o edificio Gallegos, na Rúa Corporacions que sigue sen colocar e deixando os veciños a escuras. Dos ferros dos contedores na Rúa de Sarria a altura das torres, que están sen retirar xerando situación de perigo e risco. En moitas mais das que nada sabemos.
No punto de preguntas. O PSOE preguntou si o anunciou de que se fará un plan aforro enerxético con financiamento da Xunta, o Concello vai a ter que aportar algo para esa auditoría enerxética o que contesta o Alcalde que si. A canto ascende a parte que vai poñer o Concello o que di o Alcalde, 7.000 EUROS a pregunta de como se ofertou ese contrato e por que o levou unha empresa de fora de Foz, non hai resposta.
Preguntóuselle o Sr Alcalde si el ten controlado as empresas que traballan para o Concello en materia de :Tempos, Materiais empregados, horas de traballo e presuposto valorado previo das obras acometer antes da facturación. A resposta do Alcalde foi, si.
Á pregunta de quen é o que elabora as bases de contratación no Concello de Foz e si é o mesmo quen as elabora e quen as firma. Resposta o Alcalde. Que si que é el mesmo, o alcalde.















Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.



