Nota de Prensa 1/2
Jaime Cancio Rodríguez, en representación de UNIFOZ na Corporación Municipal que Vostede preside :
EXPÓN:
Que segundo as informacións recollidas nos diferentes medios de comunicación e como consecuencia das últimas eleccións locais, estanse a celebrar os plenos de organización das Corporacións Locais nos que se aproban asignacións económicas e adicacións exclusivas para Alcalde/Alcaldesas e outros membros da Corporación.
Vista a información publicitada , podemos asegurar que non hai ningún criterio xeral que o poda xustifar, pois cunha simple análise, podemos ver as grandes diferencias económicas entre uns concellos e outros.
UNIFOZ,considera que todos teñen e mesma responsabilidade, a de ser Alcaldes/Alcaldesas independentemente da profesión que tiñan antes de acceder ao posto.
Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen. UNIFOZ,considera que a diferencia de responsabilidade de un /unha Alcalde/ Alcaldesa está condicionado polas peculariedades de cada Concello (poboación, extensión, presuposto…), así pois pareceria lóxico que as asignacións
Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen.
economicas e o número de adicacións exclusivas , así como as cantidades por asistencia a plenos e comisións estivera condicionado e regulado por lei en función dos criterios expostos.
Polo exposto, UNIFOZ presenta a seguinte MOCIÓN para que sexa tratada na Sesión Plenaria coa finalidade de que a Corporación Municipal traslade á Xunta de Galicia e Goberno do Estado a nosa petición coa finalidade de que se regule por lei os salarios dos/das Alcaldes/Alcaldesas así como o número e cuantía das adicacións.
Nota de prensa 2/2
No día de hoxe podiamos ver en algúns medios as opinións sobre a posibilidade de regular o salario dos alcaldes/alcaldesas en función de criterios obxectivos, algo no que UNIFOZ xa fixo propostas no pleno do mes de xullo de 2011, para o que axuntamos arquivo con copia da moción presentada así como corte da acta do Pleno do Concello de Foz do mes de xullo de 2011, onde se tratou unha moción de UNIFOZ, para regular o salario dos alcaldes/alcaldesas, e o exposto por cada grupo así como o sentido da votación, para demostrar o cambio de postura de algúns políticos en tan pouco espazo de tempo.
UNIFOZ, considera prioritario que tanto antes e despois o salario dos alcaldes/alcaldesas e número de adicacións exclusivas nos concellos necesita unha regulación.
2.- MOCIÓN DE UNIFOZ SOBRE A REGULACIÓN POR LEI DOS SALARIOS DOS ALCALDES.
Pola Secretaria da Corporación dáse conta do ditame emitido pola Comisión Informativa de Asuntos Preparatorios de Pleno en sesión celebrada o 21 de xullo de 2011, sobre a moción de UNIFOZ sobre a regulación por lei dos salarios dos alcaldes.
O Sr, Cancio explica que presenta a proposta en sentido construtivo, xa que cada alcalde fíxase o seu salario en función das súas posibilidades políticas, e o seu grupo entende que debe haber uns criterios obxectivos que regulen os salarios.
O Sr. García Rivera recorda que o seu grupo xa dixo na Comisión Informativa a súa opinión, xa que o municipalismo está representado pola FEMP e a FEGAMP e deben ser estes órganos quenes traballen neso, e o Concello de Foz está integrado neles. Anuncia que o seu grupo vai votar en contra.
Toma a palabra o Sr. González Basanta para manifestar que se vai abster, e aclara que, aínda que non está en contra, cre que é unha moción oportunista, porque é unha cuestión mais ben de ética política dos cargos políticos, que de lexislar sobre os soldos. Di que hai cousas mais importantes que levar ao Parlamento galego que son privilexios, coma o tema das pensións.
O Sr. Alcalde intervén para manifestar que o seu grupo vaise abster porque cre que debe ser o pleno quen regule esas cuestións xa que as situacións son distintas en cada concello. Engade que cre, coma di o Sr. Basanta, que é oportunista, xa que iso xa se debateu no Pleno pasado.
O portavoz de Unifoz aclara que é oportuna, non oportunista, porque xerouse un debate na poboación. Entende que debe estar regulado por lei, aínda que a lei recolle que sexa o Pleno o que decida a lei pódese cambiar. Conclúe dicindo que é unha proposta coherente, construtiva e da unha solución ao tema.
Intervén o Sr. García Rivera para dicir que non lle vai dar voltas a iso.
Toma a palabra o Sr. González Basanta para dicir que non vai xerar debate desa moción oportunista.
O Sr. Alcalde di que o seu grupo igual, no mesmo senso, cren que a situación política do Pleno e as circunstancias dos membros deben ser os que decidan.
Rematado o debate sométese o asunto a votación, obténdose o seguinte resultado:
· Votos a favor: 3 (UNIFOZ).
· Abstencións: 6 (5 PP e 1 BNG).
· Votos en contra: 4 (PSOE).
Non resultando aprobado o seguinte acordo:
Solicitar á Xunta e ao Goberno do Estado que se regulen por lei os salarios dos Alcaldes, así coma a número e contía das adicacións.





















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



