Nota de prensa
A DELEGACIÓN DE CULTURA DO CONCELLO DE FOZ DA COMEZO O VINDEIRO SÁBADO 3 DE MARZO A PROGRAMACIÓN DE TEATRO INFANTIL PARA OS MESES DE MARZO-ABRIL E MAIO DE 2012.
OS ESPECTÁCULOS PROGRAMADOS, COMO XA VEN SENDO HABITUAL, TERÁN LUGAR O PRIMEIRO SÁBADO DE MÊS E SERÁN OS SEGUINTES:
Sábado 3 de marzo ás 18: 30 h. na Sala Bahía
BAOBAD TEATRO poñerá en escea a obra FIOS
Sábado 7 de abril ás 18: 30 h. na Sala Bahía
TALÍA TEATRO poñerá en escea a obra CARTA URXENTE PARA MÁXIMO TOXO
Sábado 5 de maio ás 18: 30 h. na Sala Bahía
CARAMUXO TEATRO poñerá en escea a obra MENSAXE SEN BOTELLA
MÁIS INFORMACIÓN DO ESPECTÁCULO DO SÁBADO 3 DE MARZO.
BAOBAD TEATRO (PONTEVEDRA) representaráEs posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen. “Fíos” é un espectáculo que fía palabras, tece contos, calceta historias e cose puntada a puntada cada nota de música.
Teatro Monicreques- + de 3 anos. Durac. 45minutos
Un taller de costura será o responsable de que diferentes historias acariñen os nosos oidos, unha modista que cose e cose recibe visitas esperadas e outras inesperadas pedíndolle axuda, coas súas puntadas descubrirá personaxes que penden de Fíos e queren viaxar, soñar, namorarse e contar os seus segredos.
En Fíos os diferentes personaxes non nos deixarán indiferentes porque aparecen para deixarnos mensaxes, sentimentos ou reflexións, así coñeceremos ao Lobo, un lobo tenro que nada máis que se quere namorar, Dona Margarita viaxará nun globo en busca dos seus pensamentos e Tito descubrirá que quere ser de maior.
——————-
Programación de teatro e música que a Delegación de Cultura do Concello de Foz realizará para os meses de marzo, abril e maio de 2012.
Programación infantil- SALA BAHÍA ÁS 18: 30 H.
Baobab Teatro – FÍOS
03-03-2012
Talía Teatro – Carta urxente para Máximo Toxo
07-04-2012
CARAMUXO TEATRO – MENSAXE SEN BOTELLA
05-05-2012
Programación musical
Coral Polifónica de Foz BASÍLICA DE SAN MARTIÑO- PROGRAMA SEMANA SANTA
31-03-2012
Sthola Gregoriana Lucensis BASÍLICA DE SAN MARTIÑO- PROGRAMA SEMANA SANTA
01-04-2012
Grupo de Música Antiga 1500 – Eamus videre… o ciclo da Semana Santa a traverso da música antiga BASÍLICA DE SAN MARTIÑO- PROGRAMA SEMANA SANTA
04-04-2012
Coro Parroquial de Foz / Banda de Música de Foz e Iria Bermudez e Fátima Rodríguez-Canto Litúrxico BASÍLICA DE SAN MARTIÑO- PROGRAMA SEMANA SANTA
06-04-2012
Coral Polifónica de Burela- BASÍLICA DE SAN MARTIÑO- PROGRAMA SEMANA SANTA
07-04-2012
Meendinho Grupo de Musica Medieval – Os Miragres de Santiago IGREXA PARROQUIAL DE FOZ
08-04-2012
Sax-40 – Viaxe Musical con Saxos- BASÍLICA DE SAN MARTIÑO- PROGRAMA SEMANA SANTA
08-04-2012






















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



