Nota de prensa
OS TEMPOS CAMBIAN E AS PERSOAS TAMÉN, É O TÍTULO DO TEXTO GAÑADOR DO III CONCURSO DE GUIÓNS CINEMATOGRÁFICOS QUE ORGANIZARON A CONCELLARÍA DA MULLER E OS CENTROS DE ENSINO DE RIBADEO. A ESTA EDICIÓN PRESENTÁRONSE 15 GUIÓNS ELABORADOS POR 50 ALUMNOS. OS PREMIOS AOS FINALISTAS SERÁN ENTREGADOS O VINDEIRO 8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA.
Ribadeo, 1 de marzo de 2012. O vindeiro xoves, 8 de marzo, no Cine Teatro terá lugar o acto de entrega dos premios aos cinco finalistas do III Concurso de Guións Cinematográficos que organizaron a Concellaría da Muller e os centros de ensino de Ribadeo. Co guión gañador Os tempos cambian e as persoas tamén, elaborado polos alumnos de 3º da ESO do IES Dionisio Gamallo Fierros, grabóuse unha curtametraxe que será proxectada ese día.
A edil de Muller, Mariluz Álvarez Lastra, explicou que “con motivo da celebración do 8 de marzo, como ven sendo habitual estes últimos anos, imos facer a estrea da curta gañadora do III concurso de guións cinematográficos, que a Concellaría da Muller convocou en colaboración cos centros educativos de Ribadeo. Dito concurso enmárcase dentro da oitava edición da campaña Un futuro por compartir en igualdade, onde facemos unha serie de actividades de sensibilización e de traballo coeducativo cos alumnos e alumnos dos nosos centros”.
A concelleira nacionalista dixo que “se trata da terceira edición do concurso de guións cinematográficos e o tema deste ano versaba sobre a corresponsabilidade, é dicir as tarefas e o traballo doméstico e a asunción de responsabilidades dentro do eido familiar das persoas que o conforman. Participaron 50 alumnos de secundaria da ESO e elaboraron 15 guións dos que saíron cinco finalistas. O xoves, 8 de marzo, terá lugar a entrega dos premios no Cine Teatro de Ribadeo e convidamos a todos os que o desexen a que acudan a compartir con nós esta cita importante”.
O guión gañador e a curta que se vai proxectar denomínase Os tempos cambian e as persoas tamén, que foi realizado por alumnos de terceiro da ESO do IES Dionisio Gamallo Fierros. En segundo lugar quedaron As aventuras de Isabel e a súa familia, feito por alumnos de 1º da ESO do IES Porta da Auga. O terceiro premio é para Muller por obrigación, dos alumnos de 2º de ESO do colexio Sagrado Corazón. O cuarto premio é para Cada uno en su sitio de 3º de ESO do IES Porta da Auga e o quinto premio recibirao Conto con vós de 2º de ESO do colexio Sagrado Corazón.
O acto do vindeiro xoves, 8 de marzo, é totalmente gratuíto e aberto a todo o público. Mariluz Álvarez Lastra engadiu que “ademáis este ano imos facer unha edición máis ampla do cd editado, porque haberá unha unidade didáctica para traballar nos centros de ensino, e todas aquelas persoas que o desexen poderán mercar ese cd e levalo ás súas casas”.
Empregadas de fogar
A concelleira de Muller lembrou que “desde o CIM temos unha avogada que está a informar e asesorar sobre o cambio de lexislación que suporá o réxime da seguridade social a todas as empregadas de fogar. Todas aquelas persoas que estean nesta situación, tanto porque sexan empregadas como empregadoras, que necesiten obter información ou tramitar algún documento relativo a este cambio poden acudir ao CIM en horario de 8:30 a 15:00 horas no auditorio de Ribadeo, ou solventar as súas dúbidas a través do teléfono 982 120 739”.
Álvarez Lastra tamén se referiu á xuntanza que onte mantivo o Consello Municipal das Mulleres de Ribadeo e “no que se analizaron e se acordaron algunhas das actividades que se desenvolverán ao longo dos vindeiros meses. A medida que se acheguen as datas desas acción irémolas dando a coñecer á opinión pública”.























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



