Nota de prensa:
A Xunta adxudicará nos vindeiros días o emisario submarino que permitirá a posta en marcha da EDAR de San Ciprián
-A obra ten un prezo de licitación de 2,1 millóns de euros
-O emisario submarino permitirá afastar do litoral as augas depuradas pola EDAR
Cervo, 9 de marzo de 2012-O director de Augas de Galicia, Francisco Menéndez, o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Medio Ambiente, Begoña Alonso, técnicos municipais e técnicos da Confederación Hidrográfica do Cantábrico, visitaron esta tarde as instalacións da Estación Depuradora de Augas Residuais de San Ciprián situada no polígono industrial de Cuíña. Durante o percorrido puideron comprobar o estado da infraestrutura, rematada dende principios do ano pasado e que foi executada pola Confederación Hidrográfica.
Agora só está pendente a construción do emisario submarino, unha obra que levará a cabo a Xunta a través de Augas de Galicia e que saíu a licitación no mes de decembro cun prezo de 2,1 millóns de euros. Un proxecto que nestes momentos se atopa na última fase do proceso de adxudicación. “O director de Augas de Galicia comunicounos que en próximas datas será elixida a empresa que levará a cabo estes traballos”, explica Villares.
A execución do emisario submarino é “imprescindible” para a posta en funcionamento da EDAR e a rede de saneamento da vila tal e como asegurou o rexedor. Esta infraestrutura terá unha función “moi relevante para o noso litoral”, engade Villares, xa que se trata dunha canalización que afastará da costa cervense as augas xa tratadas e depuradas.
O rexedor aclara que despois de ser procesada pola EDAR, a auga que se verte ao mar ten “garantías de salubridade”. De todos os xeitos, dende o goberno local defenden a necesidade do emisario submarino asegurando que “esta é unha zona especialmente sensible, xa que esas augas son a fonte de captación das empresas de acuicultura situadas no polígono de Cuíña”. Polo tanto, engade o rexedor, “con esta canalización submarina pretendemos extremar as precaucións para garantir e protexer ao 100% a calidade da auga da nosa costa”. Ademais Villares aproveitou a visita para agradecerlle ao presidente da entidade pública Augas de Galicia a súa “implicación” co proxecto “nuns tempos tan difíciles coma estes”.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



