No centro de saúde de Barreiros poderá verse durante un mes a exposición fotográfica conmemorativa do 25 aniversario do Hospital da Costa. O evento era visitado onte pola tarde, entre outros, polo alcalde, Alfonso Fuente Parga. O rexedor explicou que “unha parte da exposición foi instalada no interior do centro de saúde de Barreiros e a outra atópase no exterior do edificio”. Fuente Parga convida aos veciños “a achegarse a ver esta exposición na que se recolle toda a evolución que sufriu o centro hospitalario da comarca ó longo destes 25 anos”.
Chega a Barreiros a exposición organizada pola comisión do 25 aniversario do Hospital da Costa