Nota de prensa:
POLA IGUALDADE
8 de marzo: Día da Muller traballadora
Unha das tarefas pendentes das modernas sociedades, e da nosa en particular, é a de conseguir a igualdade entre mulleres e homes a tódolos efectos e en tódolos ámbitos. Sabemos, e seguimos permitindo, que no noso Estado o traballo da muller non está equiparado ó do home, que hai cousas que seguen pertencendo á obriga das mulleres e outras ás do home, que existe unha violencia contínua contras as mulleres e que esta violencia está presente en tódolos campos: educación, familia, medios de comunicación, programas, … que as mulleres cobran menos que os homes, que se siga educando en valores decimonónicos que consagran unha visión masculina e outra feminina, que se inmortalice un modelo de familia, sociedade, estado, mundo,…. no que hai dúas partes e unha delas non se recoñece en igualdade.
É certo que recentemente o Secretario de Estado de Servizos Sociais e Igualdade afirmou que se identificarán e impondrán sancións económicas ós empresarios que paguen menos ás mulleres polo mesmo traballo, que levarán a cabo campañas de información e sensibilización para que as mulleres coñezan os seus dereitos (sobre todo no medio rural), que incentivarán fiscalmente e fomentarán medidas de formación e asesoramento para conseguir unha maior incidencia do colectivo feminino no mundo empresarial, que artellarán un plan de apoio para a conciliación da vida familiar e laboral que prevé garderías nas empresas, etc. Pero todas estas medidas, sendo un avance importante cara á consecución da igualdade, non serán suficientes sen unha educación continuada e unha axeitada posta a punto dos protagonistas principais.
É un feito tamén que a sociedade avanza e cada vez debemos ser máis os que sexamos conscientes non só do feito histórico da desigualdade senón do feito actual da acomodación a ditas circunstancias históricas. É o momento de que os homes amosen o seu coñecemento desta situación e da sua toma de conciencia fronte a esta equivocada realidade e do necesario cambio de rumbo neste futuro compartido. Tócalle ós homes xa estar aí, demostrar que participan desta evolución, que son conscientes, que saben, que queren en igualdade de condicións un futuro que compartir en igualdade.
Certamente as mulleres serán as protagonistas deste cambio, pero deben ser os homes tamén os que as sigan de forma solidaria e consecuente nesta tarefa, deben participar e coñecer as entrañas deste proceso, colaborar, corroborar,… é unha tarefa que nos incumbe a todos como seres humanos por respeto, por xustiza… e por sentido común.
Aínda hoxe a algúns, e tamén a algunhas, resúltalles estrano que un home se involucre cos colectivos de mulleres, comparta as súas reivindicacións ou colabore nestas tarefas. Creo que xa son chegados os tempos de que fagamos o traballo que se debe sen distincións de xénero, considerando soamente a xustiza e a consecuencia do vivir como seres humanos. Este cometido é o que pretendemos levar a cabo en tódalas facetas da nosa vida: na casa, no traballo, na escola, nas rúas, nos bares… ata converter a igualdade nunha condición máis do noso ser e non nun concepto que amosa o estigma dunha sociedade que se persegue coma un ideal utópico do noso futuro. Fagámolo realidade!!! Vivámolo no noso día a día!!! Convirtamos ese futuro para compartir nun PRESENTE DE IGUALDADE.




















A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



