OS NACIONALISTAS ESIXEN UNHA MUDANZA NAS POLÍTICAS SOCIAIS E DE EMPREGO DO CONCELLO
O BNG constata a fortaleza e o medre da afiliación na organización en Trabada
María José Fernández afirmou que “o Concello ten que operar como un axente económico máis, posto que na actual situación o sector público é central para a dinamización económica”
Trabada, 31 de marzo de 2012. O BNG mantivo unha xuntanza na mañá de hoxe do conxunto da afiliación da organización no Concello de Trabada cunha representación da Executiva Comarcal a fin de definir o plano de traballo que os nacionalistas van levar adiante neste concello até o 25 de xullo e tamén para coñecer de primeira man as propostas que os órganos comarcais do BNG teñen pensado desenvolver nese período.
Segundo indicou a portavoz municipal do BNG en Trabada, María José Fernández, “é necesario unha mudanza nas políticas do Concello, particularmente no que ten a ver co aumento do gasto social e coa promoción do emprego. Nós pensamos que as administracións públicas, neste caso a local, non poden ficar á marxe cando tantos conveciños e conveciñas nosos están a enfrontarse ao drama do desemprego e cando as políticas de recortes están a provocar un aumento importante das desigualdades sociais dándose casos de auténtica exclusión social. Hai que reorientar as políticas de investimento por parte do Concello, comprometendo máis fondos para servizos que nun concello coma o noso son centrais, como é a axuda no fogar, e por suposto levar a diante un ambicioso programa de infraestruturas que a maiores de cubrir as demandas dos veciños do concello, incida tamén na creación de emprego. O Concello ten que operar como un axente económico máis, posto que na actual situación o sector público é central para a dinamización económica”.
Antonio Veiga, responsábel comarcal do BNG, destacou “a fortaleza da organización local do BNG en Trabada, do que é unha mostra o traballo desenvolto, pero de xeito moi especial, o significativo aumento de afiliación que se está a dar neste concello no último ano, onde destacan a incorporación dun número importante de persoas mozas e a inminente constitución da rama xuvenil do BNG, Galiza Nova, nesta localidade. Os nacionalistas apostamos dun xeito decidido por Trabada na dupla dirección de cumprir con este concello naquelas institucións nas que temos responsabilidade de goberno mais tamén de achegar as demandas dos veciños e veciñas do mesmo a outras institucións onde contamos con representación, como é o caso do Parlamento Galego e as Cortes Xerais do Estado.
Pénsese que desde a Vicepresidencia da Deputación de Lugo colaborouse con 5 entidades culturais deste concello pola vía de achega de liñas de financiamento a través de axudas en réxime de concorrencia competitiva, e que o propio concello recibiu axudas en materia de cultura e deporte no ano 2011, e que vai contar con elas unha vez máis. Tamén grazas á Área de Benestar Social da Deputación de Lugo, da que é responsábel Antonio Veiga, o concello de Trabada poderá seguir prestando o servizo de axuda no fogar. As axudas nesta Área da Deputación suman un total de 600.000 euros, 100.000 euros máis que o pasado ano, o que supón un incremento do 20%, unha cantidade importantísima para o desenvolvemento económico e social local, sobre todo tendo en conta que a Xunta de Galiza suprimiu este tipo de axudas”.




















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



