O Grupo Provincial Popular critica a falta de criterio e de sentido de voto, por parte do goberno da Deputación, no pleno de hoxe
– Os populares tildan de incoherencia que o Deputado José Ramón Val Alonso vote dunha maneira en Foz e doutra en Lugo
– Lamentan o rexeitamento por parte do goberno da Deputación das dúas mocións que presentaron no pleno de hoxe e agardan que o goberno provincial solucione rápidamente o mal estado no que se atopa o club náutico e o cámping de Augasmestas, en Quiroga
– Candia: “ao goberno da Deputación non lle importa, en absoluto, as estradas nin os veciños de Foz e Alfoz, só lle preocupa o seu sillón
Lugo, 27 de marzo de 2012-. O grupo provincial popular levou esta mañá ao pleno da Deputación dúas mocións; unha relativa ao fomento da actividade turística na provincia de Lugo e outra relativa á adecuación da estrada provincial LU-0210 que permite a comunicación entre os concellos de Foz e Alfoz. Ámbalas 2 mocións foron rexeitadas (11 votos a favor do PP e 13 en contra, por parte do PSOE e BNG)
En canto a moción relativa ao fomento da actividade turística, a voceira dos populares, Elena Candia, asegurou que nun contexto de débeda pública, altos índices de desemprego e escasas noticias positivas no panorama económico, os gobernos do Partido Popular adoptan medidas de austeridade e concrétanse iniciativas de reducción da administración paralela e de recortes retributivos entre os directivos dos chamados ‘chiringuitos’.
Asegurou Candia, que todo apunta a que esta liña de traballo de redución da administración paralela dirixida á recuperación e á optimación de recursos para o desenvolvemento de plans eficaces e demandados polos entes sociais non é a perseguida pola Deputación provincial de Lugo, que na xunta de goberno do pasado 16 de marzo designou unha comisión de estudo para a creación dunha Empresa Provincial de Turismo. Un organismo público que incrementará os entes administrativos e que tras o seu anuncio pola anterior Deputada María Xosé Vega Bujá constitúese agora a comisión para a construción da Empresa Pública de Turismo.
Di Candia, que malia a que dende a Deputación provincial se resaltaba unha importante colaboración coas principais asociacións que agrupan as empresas ligadas co turismo, coa hostalería e coas casas de turismo rural; xa é público o rexeitamento por parte dalgunhas destas entidades que argumentan que en ningún momento o sector demandou unha empresa pública de turismo e de ser esta a solución óptima para o fomento e a desestacionalización do turismo, a iniciativa xa sería emprendida dende o sector privado.
Asegurou a voceira dos populares, que con estas actuacións, a Deputación provincial deixa de asumir as súas competencias constitucionais e deriva así recursos públicos a outros cometidos, desoíndo o mandato constitucional. Ante isto e tendo en conta a importancia que supón o turismo para a provincia, a necesidade do seu potenciamento e desestacionalización e o traballo consensuado cos entes ligados ao turismo.
Candia instou á Deputación Provincial a: 1- desenvolver un plan de colaboración en materia de turismo coas outras administracións para o desenvolvemento consensuado de iniciativas que permitan fomentar o turismo na provincia; 2- a que atenda ás demandas achegadas directamente dende os entes e asociacións turísticos e que manteña un contacto directo con eles, en vez de crear organismos paralelos que incrementan os custes de creación en comparación cos resultados obtidos e 3- a que faga pública toda a documentación necesaria acordada en relación coa creación da Empresa Pública de Turismo e facilite a maior transparencia posible.
No tocante a moción relativa á adecuación da estrada provincial LU-0210 que permite a comunicación entre os concellos de Foz e Alfoz, Candia asegurou que o mantemento das estradas de titularidade provincial debe ser un dos acometidos primordiais da Deputación provincial de Lugo e máis cando moitas destas vías, propiedade do organismo lucense, son o principal enlace de comunicación entre os núcleos poboacionais da provincia e permiten así mesmo o desenvolvemento de actividades que fomentan o emprego na zona.
Criticou Elena Candia o mal estado do firme e das cunetas da estrada LU-0210 que dá servizo entre os núcleos de San Acisclo (Foz) e Seara (Alfoz). Así mesmo esta vía que une as estradas LU-152 Ferreira do Valadouro-Foz e a LU-160 Ferreira do Valadouro – Mondoñedo tamén require da reforma do entronque coa LU-152.
Lembrou a voceira dos populares que a estrada, LU-0210 Seara – San Acisclo é a saída natural dende o centro do concello de Alfoz á Mariña Oriental e ao norte de España, sendo ademais a única vía de comunicación para unha das principais empresas forestais da zona e de gran importancia para Galicia que ten un nivel de emprego directo de cerca de 100 traballadores.
Insistíu Elena Candia na necesidade de arranxo urxente da vía vén xustificada en gran medida por ser este un dos accesos comunicativos cunha empresa de gran vitalidade para a zona e máis tendo en conta a situación económica e empresarial pola que está a pasar a Mariña. Asemade, non esqueceu, o arranxo urxente que se sustenta no trazado estreito e sinuoso que presenta a estrada no entronque coa LU-152, o que ocasiona un grave perigo para os condutores, e máis cando a estrada é frecuentada por vehículos de gran tonelaxe.
Dixo Elena Canida que as numerosas queixas manifestadas polos veciños e o mal estado do firme, principalmente no tramo que enlaza coa LU-160, así como a necesidade de arranxo do entronque, conlevaron a que os plenos locais de Foz e Alfoz aprobaran por unanimidade sendas iniciativas nas que se lle solicita á Deputación provincial o arranxo da LU-0210.
Na sección de preguntas os populares quixeron saber qué vai a pasar con club náutico e o cámping de Augasmestas, en Quiroga, xa que presenta un estado desolador. Lembraron os populares que dende fai anos, o complexo experimenta un grave deterioro acusado polos saqueos dos que foron obxecto as instalacións. Ante esta situación que provoca un grave prexuízo económico e supón un salientable detrimento do patrimonio co que conta a administración provincial, e tras varias denuncias públicas manifestadas polo grupo popular: o Deputado da zona e alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, preguntou as previsións da Deputación en canto ás instalacións de Augasmestas e en qué situación se atopa, a día de hoxe, o suposto acordo ao que chegara a Deputación con COGAMI, para que esta reactivase a actividade nas instalacións.
Conclusión: os populares presentaron dúas mocións que foron rexeitadas polos votos en contra do goberno da Deputación.
Na pregunta que formularon sobre a estado no que se atopa o club náutico de augas mestas, en Quiroga, recibiron a responsata do deputado nacionalista Mario Outeiro, quen se comprometeu a dar solución.



















Na presentación participaron o delegado territorial Javier Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



