Nota de prensa:
Barreiro e Xesús Vázquez reuníronse esta tarde con directores de Centros educativos lucenses
O Presidente do PP de Lugo e o Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria manteñen unha xuntanza con docentes lucenses para valorar a situación do Sistema Educativo.
Lugo, 2 de marzo de 2012.- O Presidente do Partido Popular de Lugo, José Manuel Barreiro, o conselleiro de Cultura e Educación, Xesús Vázquez, e a Vicesecretaria Xeral de relacións coa sociedade, Manuela López Besteiro, mantiveron esta tarde, unha xuntanza cos directores dos centros educativos lucenses na que abordaron a actual situación do sistema educativo. En dito encontro, os directores dos centros, trasladáronlle ao Conselleiro de Educación as inquedanzas no tocante ao sistema educativo en xeral.
Un dos temas principais dos tratados no transcurso do encontro foi o da proposta plantexada polo Ministerio de Educación de ampliar o Bacharelato a 3 anos, co fin de fortalecer este nivel educativo, xa que nestes momentos, España ten o bacharelato máis curto da Unión Europea. Neste sentido, tanto Barreiro como o conselleiro explicaron aos docentes que os resultados educativos dos países europeos con bacharelatos de maior duración avalan esta proposta de ampliación.
Tanto o conselleiro como o presidente provincial defenderon a proposta do Goberno central de mellorar o ensino do inglés en todas as etapas educativas e desde a educación infantil, co fin de, tal e como ten expresado o ministro, substituír o vello enfoque de estudar inglés para pasar a ‘estudar en inglés’.
Neste sentido o conselleiro salientou o éxito rotundo que está a ter o Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras impulsado polo Goberno da Xunta de Galicia, grazas ao que máis de 40.800 estudantes e profesores galegos están a mellorar este curso as súas competencias en linguas estranxeiras no curso 2011/2012. Ademais, grazas a esta estratexia de reforzo da aprendizaxe de idiomas posta en marcha pola actual goberno popular, Galicia conta por primeira vez cunha rede de centros plurilingües, unha iniciativa novedosa en España que sitúa a Galicia por diante en materia de plurilingüismo.
José Manuel Barreiro e Xesús Vázquez destacaron que Galicia vai tamén un paso por diante na loita contra o abandono escolar. De feito este Goberno conseguiu reducir a taxa de abandono ao 23,1% no ano 2010, sendo unha da Comunidades Autónomas cunha taxa máis baixa de alumnos que abandonan os estudos. No que atinxe a este problema, os asistentes ao encontro coincidiron na necesidade de seguir traballando no camiño de acadar niveis inferiores nesta taxa, similares aos de outros países europeos.
Ademais tanto o presidente provincial como o conselleiro valoraron moi positivamente o esforzo feito ata o momento, que conseguiu recuperar os niveis de abandono de 2004, grazas a unha baixada do 2,9% no que vai de lexislatura, despois de terse incrementado 3 puntos porcentuais, ata o 26% no período do Goberno Bipartito. Deste xeito, ambos destacaron a importancia da nova iniciativa de contratos-programa para a mellora da calidade educativa posta en marcha polo Goberno galego, da que se benefician máis de 11.600 alumnos.
No tocante á situación do profesorado galego, deron conta das xubilacións, das novas prazas así coma das interinidades.
Así mesmo, Xesús Vázquez, como responsable da xunta na área de Educación, recordou a non afectación da Nova Lei de Medidas do Emprego Público aos interinos docentes do Sistema Educativo Galego.
O conselleiro informou ademais aos participantes do encontro das políticas e liñas de actuación do Goberno galego a prol da excelencia do noso sistema educativo



















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



