Nota de prensa
XXIIIª TIRADA DE BOLOS – XIIª SUB 16 – IIIª LIGA FEMININA
(TEMPORADA 2011/2012)
Organiza: Concellería de Cultura do Concello de Xove
Colaboran: IES Illa de Sarón de Xove
INCIDENCIAS DA 16ª TIRADA
(CENTRO SOCIAL DE VILACHÁ – Sábado, 3 de marzo de 2012)
| CAMPEONATO DE BOLOS DE CENTRO SOCIAL DE VILACHÁ (3 MARZO 2012 )
23 INSCRITOS: NA LIGA SENIOR, 5 NA LIGA SUB 16 E 7 NA LIGA FEMININA |
|||
| CLASIFICACION | NOME | TANTOS | PUNTOS |
| LIGA SENIOR | |||
| PRIMEIRO | GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ | 239 | 12 |
| SEGUNDO | JOSE VIGO LAGE | 229 | 10 |
| TERCEIRO | MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA | 226 | 8 |
| CUARTO | ARTURO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ | 214 | 7 |
| QUINTO | JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ | 208 | 6 |
| SEXTO | ANDRÉS RODRÍGUEZ RAMOS | 206 | 5 |
| SÉTIMO | ARTURO VIGO CASABELLA | 198 | 4 |
| OITAVO | CÉSAR CANCELOS LÓPEZ | 191 | 3 |
| NOVENO | JOSÉ ANTONIO RODRÍGUEZ GALDO | 189 | 2 |
| DÉCIMO | MARCELINO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ | 186 | 1 |
| MELLOR BOLADA | ARTURO VIGO CASABELLA | 92 | 1 |
| LIGA SUB 16 | |||
| PRMEIRO | DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ | 172 | 6 |
| SEGUNDO | ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ | 130 | 4 |
| TERCEIRO | RAQUEL COCIÑA PIÑEIRO | 39 | 3 |
| CUARTO | CRISTÓBAL RIVAS CAMPO | 30 | 2 |
| QUINTO | LARA RODRÍGUEZ BAÑO | 27 | 1 |
| MELLOR BOLADA | DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ | 69 | 1 |
| LIGA FEMININA | |||
| PRMEIRO | DOLORES BAÑO FRAGA | 124 | 6 |
| SEGUNDO | CARMEN ROCA CORRAL | 120 | 4 |
| TERCEIRO | BELÉN MEITÍN ROUCO | 107 | 3 |
| CUARTO | CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ | 99 | 2 |
| QUINTO | LEONOR CASABELLA FERNÁNDEZ | 81 | 1 |
| MELLOR BOLADA | CARMEN ROCA CORRAL | 62 | 1 |
Liga Senior Masculina.- O máis interesante desta tirada foi o fiasco do segundo clasificado, quen non foi siquer capaz de puntuar. Francisco Pérez, que estaba a realizar unha segunda volta da Liga estupenda, con opcións incluso de acceder ao liderato, veu truncada a súa racha debido a que fallou totalmente na terceira bolada, dahí que ao non puntuar, e si facelo o líder Arturo Vigo, quédase a 17 puntos, a falla dun máximo de 26 puntos por disputar (12+1 e 12+1) das tiradas de Morás e Sumoas. Por detrais, en terceira posición temos a José Rafael González, a 15 puntos de Francisco, que tamén ten moi difícil, inda que non matemáticamente, subir un escalón na clasificación. Polo tanto, moito teñen que cambiar as cousas nas duas tiradas que faltan para que varíe a clasificación nos tres primeiros postos. Outro feito destacado desta tirada foi o ascenso dende a 8ª á 4ª posición de Jose Vigo, gracias aos 10 puntos obtidos nesta tirada.
Liga Senior Feminina.- Victoria de Dolores Baño que lle permite afianzarse na terceira posición, pero nada máis. A segunda posición nesta tirada e a mellor bolada, permítenlle á líder Carmen Roca afianzar a súa posición e aumentar a ventaxa con respecto á Belén Meitín, sendo agora de 8 puntos, o que a falla de dúas tiradas, pode ser definitivo. Vai ser moi difícil que Belén lle saque eses 8 puntos a Carmen nas tiradas que quedan, pero bueno, matemáticamente inda é posible.
Liga Sub 16.- Salomé non participou nesta tirada, pero inda así dispón dunha ampla renda de 10 puntos sobre o seu inmediato perseguidor Daniel López. Daniel realizou unha estupenda tirada neste campo, cun tanteo realmente espectacular, o que lle permiteu ademáis facerse, polo momento, coa mellor bolada de todo o campionato nesta categoría. Os 69 puntos da mellor bolada de Daniel vai ser difícil que sexan batidos nas dúas tiradas que quedan. Por outra banda, Daniel sigue a pelexa con Isaias Cardoso pola segunda posición final, ampliando esta semana a súa vantaxe de 1 a 4 puntos, os cales poden ser moi importantes ao final, dado as poucas probas que quedan.
A vindeira tirada terémola o SÁBADO 11 DE MARZO NO CAMPO DO CENTRO SOCIAL DE MORÁS.























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
