¿CULPA DA POLÍTICA … OU DOS POLITICOS?
Os niveis tan baixos nos que se desenvolve a política na nosa bisbarra reflictese cada dia nas páxinas dos xornais. As declaracións ateigadas de insultos, directos ou mais ou menos solapados; a virulencia dialéctica e as mútuas acusacións por comportamentos e actuacións idénticas de uns e outros, emborrallan o que debería de ser un proceder respectuoso e distendido, evitando que esa lección permanente de incivismo, se tansmita ao compoñente normal do celectivo cidadán : é decir, aos homes e mulleres que co seu honesto trafegar diario, e as relacións e convivencia armónicas e aínda cordiais, constituen o que é a esencia dos pobos, e proporcionan o marco adecuado para que a vida na sociedade discurra polos vieiros da normalidade. Cidadáns que, por outra parte, e de forma obrigada, contribuen co pagamento dos impostos a soster o entremado vociferante que se alinea nos distintos partidos; impostos dos que cobran os seus emolumentos os ocupantes das tan codiciadas poltronas institucionais.
Esta situación, crispada e intolerante, que vive un amplo sector político da Mariña, con non disimuladas fobias, e os posicionamentos persoais, localistas e sectarios, ou claramente partidistas, agrava a recoñecida incapacidade dos rexidores dos concellos para afrontar iniciativas comúns, necesarias ou convenientes, baseadas na racionalización dos recursos e mesmo no interese indudable que, por exemplo, na faceta turística, terían as actuaciós conxuntas. Tal ambiente de tirantez e enfrontamento non é o mais propicio para o diálogo (que non existe) e o consenso. Non faltarán, sen embargo, as repetidas declaracións trunfalistas e demagóxicas aos medios de comunicación aínda que, como nos teñen acostumados, nunca pasarán daí.
Está claro que, de non variar as circunstancias, e non resulta previsible, nen a Mancomunidade de Concellos da Mariña, nen fundacións, nen a comisión de infraestructuras, hai algúns anos presentada a bombo e platiño, nen os padroados de turismo, dos que se levan anunciados non sabemos cántos, terán a necesaria operatividade para cumprir cuns obxetivos, de cuxa idea nen sequera todos participan. Moitas veces, de tales evidencias, cúlpase á “política” e nós preguntamos: e esa señora ¿quén é?.
Do termo “política” estase a facer un uso distorsionado e interesado, e nel pretenden agocharse os que a exercen, crendo atopar nese caixon de xastre a xustificación para as súas tropelías de diversa índole; e aínda as xentes do común parecen aceptalo resignadamente, co aparente convencemento de que “son cousas da política”, adxudicándo á mesma un fatalismo que non lle corresponde.
En consecuencia, preténdese converter en “causa” o que é “efecto”. A acción parte dos políticos e a bondade ou perversidade da política, depende únicamente das actuacións e comportamentos de quen a exercen. A política é un axente pasivo; os actores, os que a ela se dedican, son quen a definen e imprímenlle carácter e, polo tanto, os responsables da situación.
Non hai dúbida de que se estes políticos fosen, por convicción, demócratas e como tal actuasen dende a honestidade, a transparencia, a tolerancia, o diálogo, o respecto aos pobos e ás xentes, a política sería moi outra, e os seus factores, gozarían do prestixio e credibilidade dos que carecen.
Preguntaron nunha ocasión a Carlos Cano : “¿Qué pasa con la política?”
E o malogrado cantautor, respostou: “La política ha desaparecido como ética de comportamiento personal y colectivo. Una política generada por gentes tan mediocres, tan mezquinas, no vale la pena. Pero es lo que hay en la pescadería”.
Namentres non se dea unha rexeneración nos axentes políticos, e troquen os “chips”, mesmo das súas capas mais baixas (coma os que temos entre os pés), a política será o que é, porque ésta é o “efecto” e aqueles as “causas” que os producen. A politica non é unha entelequia: ten nomes e apelidos.
Suso Fernández





















Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



