RETROCESO NA PROFESIONALIZACIÓN E UNIFICACIÓN DA EXTINCIÓN DE LUMES.
A recentemente anunciada creación de grupos de vixilancia ambiental por parte do goberno do Partido Popular supón unha volta atrás na profesionalización e tecnificación do dispositivo da loita contra os incendios forestais.
Ademais dunha importante redución orzamentaria dedicada á prevención dos incendios forestais a estratexia de Feijóo é a de volver á contratación clientelar de persoas a través dos concellos coa desculpa de crearen brigadas que traballen na vixilancia e loita contra o lume.
Esta situación anula todo o proceso de profesionalización e unificación de medios na extinción de incendios forestais e recupera o modelo fracasado da “era Fraga” de reforzos de verán a través de brigadas municipais.
Esta nova aparece despois das fortes críticas que tivo o goberno galego pola súa nefasta xestión nos incendios forestais do mes de marzo, pola falta de medios, polo abandono premeditado e consciente da prevención, polo desmantelamento do Servizo e pola nula organización dos medios dos que dispón. É esta unha medida que impide a modernización do Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais (SPDCIF) e introduce moitas dúbidas sobre as pretensións futuras do goberno galego.
O que pretenden non é realizar prevención, algo que este goberno decidiu eliminar, senón utilizar o fondo de compensación ambiental, que se nutre do canon eólico, para realizar contratacións fóra dos sistemas regrados de que dispón a Administración Autonómica.
Desde a CIG queremos denunciar esta decisión, xa que en lugar de crear novas estruturas débense corrixir as deficiencias existentes no actual Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais: cobertura de baixas, dotación de medios adecuados, vehículos acondicionados para o traballo e reforzos nos servizos nos que a actividade incendiaria é máis acusada ou extraordinaria e, sobre todo, recuperar as labores de prevención abandonadas.
Defendemos a profesionalización do servizo creado no ano 1990 e demandamos que os reforzos das campañas en épocas de alto risco se realicen por medio das listas de contratación das que a Xunta dispón para a cobertura temporal de postos.























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



