A comisión técnica para a disolución do INLUDES reúnese cos representantes sindicais para fixar un calendario de traballo
– Gómez Besteiro, xunto a Lara Méndez, presidiu o encontro, no que participaron os presidentes do Comité de Empresa e da Xunta de Persoal, ambos de UXT
– O Presidente destacou o “bo clima” da xuntanza, “na que coincidimos en que este ano debe quedar completado o proceso, do que resultará unha administración máis eficiente”
A comisión técnica constituída pola Deputación de Lugo para disolvelo INLUDES, cuxos servizos se integrarán no organismo lugués para reforzar as prestacións que lles ofrece ós Concellos e optimizar recursos, mantivo este xoves no Pazo de San Marcos a súa primeira reunión cos representantes sindicais dos traballadores, cumpríndose deste xeito a palabra dada polo Presidente, José Ramón Gómez Besteiro, de integralos no proceso e “garantir un clima de consenso, colaboración e total transparencia”. Besteiro, xunto á Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, presidiu o encontro, no que participaron o presidente do Comité de Empresa da Deputación, José Domínguez Fernández, e a presidenta da Xunta de Persoal do organismo provincial, Ana María Abel Longarela, ambos de UXT. Esta reunión serviu para fixar un calendario de traballo, mantendo o prazo de 2013 para ter finalizado o proceso de disolución do INLUDES.
Neste senso, o Presidente provincial destacou o “bo clima” da reunión cos representantes sindicais, que pasan a formar parte deste xeito da comisión técnica aprobada pola Xunta de Goberno o 30 de marzo. “Estivemos de acordo en que a integración do persoal do INLUDES na Deputación, garantindo os seus dereitos económicos, debe quedar completada este ano”, explicou Gómez Besteiro, ademais de subliñar que o proceso “supón a redefinición das competencias da propia Deputación e del resultará unha administración máis eficiente e útil para os veciños, seguindo por un camiño no que levamos avanzando dende hai cinco anos”.
Elaborarase un estudo de situación
A comisión técnica para a disolución do INLUDES está composta pola Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez López, o Secretario, a Interventora, o Director da Asesoría Xurídica e o xefe de Persoal da Deputación. A súa primeira función será a elaboración dun estudo sobre a situación económica, xurídica e persoal do organismo provincial cuxos resultados serán presentados en Xunta de Goberno durante o mes de maio. En base a este documento continuarase co proceso de disolución do INLUDES, un dos compromisos asumidos polo Presidente para este mandato, dentro da aposta pola máxima cooperación cos Concellos e o aforre de custes, optimizando recursos e eliminando duplicidades na administración. Precisamente, na reunión da Comisión de Deputacións Provinciais, Cabildos e Consellos Insulares da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) que tivo lugar o pasado xoves e na que participou Gómez Besteiro, fíxose fincapé na necesidade de evitar duplicidades.
Un proceso iniciado o pasado ano
A Deputación iniciou xa o ano pasado o proceso de disolución do INLUDES comprometido polo Presidente, incorporando unha ducia dos seus traballadores a outros departamentos que cumprían de reforzo logo de que a institución luguesa se convertese na quinta entidade local en España que, con 25 millóns de euros, máis fondos comunitario recibiu. Por este motivo, estas áreas foron Fondos Europeos, Contratación e Intervención. Da mesma forma, dentro da aposta polo aforro de custes coa optimización dos recursos da administración, a institución provincial unificou a brigada de mantemento da Deputación, que antes se atopaba diversificada polos seus diferentes organismos dependentes e atendendo exclusivamente ás necesidades do seu espazo de traballo. Por exemplo, os 5 operarios do INLUDES só actuaban neste edificio. Agora, existe un único equipo composto por 20 persoas, que se sitúan nas instalacións do Hotel Miño. Deste xeito, optimizáronse recursos e aforráronse custes ó no ter que depender de empresas exteriores para, por exemplo, facerse cargo do mantemento dos novos xardíns da Deputación ou da recuperación dos pavillóns de Santa María, traballos que asumiu o equipo de mantemento.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



