O VI ENCONTRO DE PALILLEIRAS TERÁ LUGAR O VINDEIRO 12 DE MAIO. ESTA EDICIÓN ESTÁ ORGANIZADA POLA ASOCIACIÓN CULTURAL E ARTESANAL DE MULLERES PALILLEIRAS DE BURELA E POLA FUNDACIÓN EXPOMAR.
Burela, 13 de abril de 2012. O VI Encontro de Palilleiras terá lugar o vindeiro 12 de maio. Esta edición está organizada pola asociación cultural e artesanal de mulleres palilleiras de Burela e pola Fundación Expomar. O alcalde, José María González Barcia, lembrou a vinculación deste arte co mundo do mar e anunciou a celebración de varias actividades paralelas a este evento, que convertirá a Burela no centro de atención da Mariña, de Lugo e de Galicia.
O rexedor agarda que “sexan moitas as persoas que se acheguen a Burela durante esa fin de semana a disfrutar dun arte vencellado co mundo do mar. Todos temos oído falar en moitas ocasións que pola zona das Rías Baixas e da Costa da Morte é moita a tradición dos bolillos e das palilleiras. As mulleres dos mariñeiros agardaban a chegada dos seus homes diante das portas das súas casas facendo bolillos”.
González Barcia dixo que “desde hai seis anos se ven celebrando este encontro en Burela, que pouco a pouco foi medrando, e nesta edición tentamos que se vencelle moito máis co mundo do mar. Estamos barallando a posibilidade de organizar unha conferencia para que se explique esa unión e esa relación entre este arte e o mundo do mar”. O alcalde anunciou que “tamén estamos tentando configurar ao longo desa semana algunha outra actividade máis para, como ven sendo habitual en Burela cando se celebra a feira Expomar, aínda que neste 2012 non a hai, ser capaces de organizar actos para que Burela sexa centro de atracción da Mariña, da provincia de Lugo e de Galicia. Queremos organizar unha semana de actividades en maio, cando non se celebre a feira Expomar”.
O rexedor burelés subliñou que “por primeira vez a Fundación Expomar participa na organización deste encontro de palilleiras”. No acto de presentación, que tivo lugar esta mañá no Concello, estiveron ademáis do alcalde, as concelleiras de Cultura, Mar e Servizos Sociais, o patrón maior da cofraría de pescadores, a xerente da Fundación Expomer e varias representantes da asociación cultural e artesanal de mulleres palilleiras de Burela.
Remitido






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



